Caballero dá o seu apoio a Sestayo, que "tomou a decisión que tiña que tomar" ante a "calamidade" do alcalde de Ferrol

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou publicamente este mércores o seu apoio a Beatriz Sestayo, tras a ruptura do pacto de goberno entre Ferrol en Común e PSdeG, e defendeu que a socialista "fixo o que tiña que facer", ante un alcalde, Jorge Suárez, que é "unha calamidade".

VIGO | 28/09/2016 | Actualizada ás 17:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou publicamente este mércores o seu apoio a Beatriz Sestayo, tras a ruptura do pacto de goberno entre Ferrol en Común e PSdeG, e defendeu que a socialista "fixo o que tiña que facer", ante un alcalde, Jorge Suárez, que é "unha calamidade".

En declaracións aos medios, o rexedor olívico expresou todo o seu "apoio e solidariedade" a Sestayo, porque "fixo unha aposta en favor de Ferrol, de buscar unha fórmula de goberno para mellorar a situación" da cidade. "Pero ao seu lado estaba un alcalde que é unha calamidade", constatou.

Caballero criticou que Jorge Suárez intente "culpar a outros da "calamidade" do goberno ferrolano. "Non, non, a culpa é del, que está a facer ese desastroso goberno en Ferrol, que están a pagar os cidadáns,", proclamou.

"Quero enviar o meu apoio e un abrazo forte a Beatriz Sestayo, que tomou a decisión que tiña que tomar, ante a súa valoración da imposibilidade de seguir adiante,", afirmou o alcalde de Vigo, quen criticou que, ante a "proposta" da edila socialista, a "reacción" de Jorge Suárez fora a "ruptura do goberno". "A cidade de Ferrol elixiu, e eu respecto a súa elección, pero o meu apoio é a Sestayo", sentenciou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta