Besteiro reunirase con Illa en Barcelona, onde tamén dará o pregón do San Froilán no distrito de Nou Barris

Ambos os dirixentes abordarán os avances do grupo de traballo entre socialistas galegos e cataláns constituído en xullo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2025 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, viaxará este xoves a Barcelona co fin de dar continuidade ao grupo de traballo PSdeG-PSC, que tanto el como o primeiro secretario dos socialistas cataláns, Salvador Illa, puxeron en marcha o pasado xullo. Segundo informou o PSdeG, Besteiro devolve así a visita a Galicia do tamén presidente da Generalitat, co que manterá un encontro. A creación do grupo de traballo estableceu un marco de colaboración permanente entre os socialistas galegos e cataláns para compartir propostas e experiencias en materia de vivenda, lingua, autogoberno, políticas sociais e desenvolvemento autonómico.

Segundo explicou Besteiro, servirá tamén para pór en valor un modelo de país compartido. Así mesmo, Besteiro aproveitará a súa estancia na capital catalá para reunirse con representantes de diferentes entidades, tanto do ámbito empresarial como do social ou o cultural. Dentro da axenda que ten prevista, están sinaladas tamén reunións de traballo relacionadas con temas centrais do programa político do PSdeG, como son a vivenda, a lingua, a emigración, o desenvolvemento do rural e o reforzo dos servizos públicos.

PREGÓN DO SAN FROILÁN

Por outra banda, José Ramón Gómez Besteiro dará o venres o pregón das festas de San Froilán, en Nou Barris, tras aceptar a invitación da comunidade galega en Barcelona, que organiza a celebración. Nou Barris é un dos distritos que concentra maior número das case 60.000 persoas nadas en Galicia que residen na cidade.

Illa e Besteiro nunha foto de arquivo
Illa e Besteiro nunha foto de arquivo | Fonte: PSDEG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta