OPINIÓN.- As contas do leiteiro

 Por Xosé Manuel Barreiro. Hai algunhas semanas, a raíz dun informe do Consello de Contas sobre o grao de execución orzamentaria no Concello de Lugo, tildaba ó Goberno que dirixe José Clemente López Orozco de ineficaz...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/09/2009

Comparte esta noticia

None

Poñer números nun documento, o máis importante ó fin dos que se redactan en calquer administración, por poñer, non ten ningún sentido. De pouco serve, por non dicir de nada, prometer que se vai facer esto ou aquilo porque, antes ou despois, o eco devolverá o engano.

De nada serve tampouco tentar esquivar os efectos negativos da crise económica que estamos a vivir inflando as previsións de ingresos. Tamén eso fixo Orozco nos orzamentos deste ano. As súas contas, de feito, rebosaban optimismo, quizais porque a el si o convenceron os seus compañeiros de partido no Goberno central cando dixeron atisbar 'brotes verdes' espallados por aí.

Nós xa llo advertimos daquela. O forno non estaba, e segue sen estar, para moitos bolos, e non resultaba prudente prever para o presente exercicio un crecemento dos ingresos por riba do 25 por cento, a previsión máis alta de todos os concellos de Galicia. Hai que telo en conta, porque el non reparou nelo, pese a que no 2008 as súas previsións iniciais rebaixáronse en preto dun oito por cento.

Orozco, sen embargo, seguindo a súa liña, tirou para diante. Nas súas previsións fixo oídos xordos tanto á reducción de ingresos do Concello por impostos directos como á rebaixa de fondos que ía transferirlle a Administración do Estado. Dende o Goberno de Zapatero ben claro lle dixeron a el e ó resto dos alcaldes que non tiñan en mente unha compensación orzamentaria por esa mengua no traspaso de fondos dende a Administración central ás locais.

Pero ó final a realidade impúxose, e no primeiro semestre de 2009, segundo a propia Axencia Tributaria, a caída media da recadación local sobrepasou o 30 por cento.

Total, que o Alcalde de Lugo vai ó seu aire, facendo súas as contas da leiteira, alleo a case todo o que preocupa nestes tempos ó común dos mortais que non é outra cousa que tentar chegar a fin de mes coas fabiñas contadas que teñen non peto. Fai orzamentos irreais, baseados en previsións irreais e, polo tanto, cando o vindeiro ano vaiamos comprobar os niveis de execución comprobaremos, unha vez máis, que (case) nada do dito se fixo.

Todo o garabateado nas contas para 2009 no Concello de Lugo é, como xa vaticinábamos, ficción. Non hai fondos nas arcas municipais e tampouco se agardan. Poñer o carro por diante dos bois nunca deu resultado e o tempo confirmarao.

Xosé Manuel Barreiro é presidente do PP de Lugo e ex vicepresidente da Xunta con Fraga.O seu blog

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA