Darío Campos pide "buscar a unidade" no PSOE e "traballar" polo partido

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, apostou por "buscar a unidade" no PSOE e "traballar" polo partido na véspera do comité federal que terá lugar este sábado en Madrid.

LUGO | 30/09/2016 | Actualizada ás 14:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, apostou por "buscar a unidade" no PSOE e "traballar" polo partido na véspera do comité federal que terá lugar este sábado en Madrid.

Tras participar na inauguración dunhas xornadas en Sarria (Lugo), o presidente provincial recoñeceu que "está a morte" co actual secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, pero que tamén o estará con outro líder que poida saír do proceso.

Así mesmo, Campos recordou que foi a militancia a que elixiu a Pedro Sánchez en primarias e alentou a que se respecten "os dereitos dos militantes", deixando caer que "o partido non é dos baróns, nin do secretario xeral".

Pola súa banda, a xestora do PSOE na provincia de Lugo remitiu un comunicado no que se expresa a súa "lealdade aos órganos da dirección federal e o apoio expreso ao actual secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, elixido no seu día polo voto directo da militancia nun proceso de primarias".

No texto, a xestora tamén pon de manifesto que "a situación critica e difícil" debe "superarse no menor tempo posible e da forma máis democrática e directa" que, segundo indica, "non é outra que a convocatoria inmediata dunhas primarias que co voto directo da militancia lexitimen e apuntalen a figura da secretaría xeral do PSOE". Tamén pide a celebración dun congreso extraordinario que conforme unha nova Executiva Federal.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta