Facenda destaca que Galicia "volve baixar" o tempo de pagamento a provedores e reivindica a "axilidade"

A Consellería de Facenda destacou que Galicia "volve baixar" o tempo de pagamento a provedores, ao tempo que reivindicou manterse "entre as comunidades que pagan con máis axilidade".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2016 | Actualizada ás 18:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Facenda destacou que Galicia "volve baixar" o tempo de pagamento a provedores, ao tempo que reivindicou manterse "entre as comunidades que pagan con máis axilidade".

De acordo cos datos que publica este venres o Ministerio de Hacienda, en xullo, o pagamento a provedores situouse na comunidade galega en 11,75 días, fronte aos 37,41 da media.

O departamento que dirixe en funcións Valeriano Martínez indica que só presentan un tempo medio de pagamento inferior dous comunidades (Canarias e Asturias) e as dúas de réxime foral.

O tempo medio de pagamento en Galicia é tamén, engade, "o máis baixo dende o mes de novembro de 2014 e leva seis meses consecutivos baixando respecto ao mes anterior".

En comparación co mesmo mes de 2015 "tamén é máis baixo", agrega, xa que en xullo de hai un ano o período era de 16,57 días, segundo os datos que achega Facenda.

A maiores, a consellería defende que "axilizando" os pagamentos evita tamén "problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á administración galega".

"Galicia é tamén a sexta de réxime común con menor débeda comercial, cunha ratio de débeda/PIB do 0,56%, fronte ao 0,63% de media no conxunto das comunidades", conclúe.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta