Aymimadre, eu dou razóns, digo que non teño claras as cousas, pero vostede da insultos para asustar aos que non se teñen por paletos nin fascistas, pero pensan de xeito distinto ¿pero cre vostede que os coruñeses son xanciños que se deixan impresonar pola forza da violencia verbal? Un pouquiño de porfavor...
Xos, dúas ou tres cousas:
1.- ¿Quen dixo que Cruña é un vulgarismo e por qué é un vulgarismo? Se a resposta é porque eu o digo e porque eu o valo, non me vale. Porque Cruña, ainda que o dixeran os paisanos na miña infancia é o mesmo topónimo usado por escritores galegos do XIX e XX, é a mesma Cruña que aparece grabada no monumento aos mártires de Carral, e sobre todo, é a mesma Cruña que aparece na documentación medieval escrita en galego (ou latín bixo a forma Crunia ou Crunna), e a diferencia desa Zevilla, non se sabe que alguén na escrita empregase esta forma, pero a de Cruña, de xeito reiteradísimo.
2.- Eu manteño que o artigo non forma parte do topónimo. E non o forma nin na Zapateira, nin na Agra do Orzán, nin na Gaiteira, como tampouco forma parte do topónimo en Porto, que os portugueses teñeno clarísimo. Insisto:
a) Cando o topónimo Coruña non vai precedido dunha preposición e si o precede un artigo indeterminado ("imos loitar por unha Coruña mellor") ou un demostrativo ("esta Coruña me ten algo confuso") é imposible empregar o artigo, logo o artigo non forma parte do topónimo.
b) Até principios do século XX o artigo "la" en español usábase en minúscula, pero veu a todopoderosa RAE e dixo, sen aportar razóns, que cando un artigo acompañaba de xeito frecuente a un topónimo, formaba parte del... e non forma, como veño demostrando sen que se aporten outras razóns que esto de tentar asustar e demonizar (aos nenos).
3.- Non son tres mil coruñeses feixistas, españoleiros e tal e tal e tal, os que quererían a cooficialidade. Se fosen eses tres mil coruñeses, e fose en realidade unha chorrada que á xente lle da igual, Losada non tentaría recuperar os votos que lle quitan os 54 que se manifestaron en favor da memoria histórica, que fan moito ruido, pagan a algún medio de prensa para que lles monte camapañas (pillabáns... que non somos parvos, que se se poden mercar editoriais, moito mais se poderán mercar campañas de prensa, digo eu).
4.- Ou non entendiches o que dixen, ou ben non queres entendelo e deformas o que eu digo. Porque eu non digo que A Zapateira, A Agra do Orzán ou A Gaiteira sexan as traduccións ao galego de La Zapateira, El Agra del Orzán ou La Gaiteira. O que digo é que os artigos determinados que preceden a eses topónimos non forman parte deles, como non o forman no portugués, que é unha língua da mesma familia que o galego. O que si digo é que a Comisión de Toponimia está composta por persoas, que se equivocan como calquera. Perto da Coruña temos un monte Xalo ¿que significa Xalo? Ninguén o sabe. O que si se sabe é que no Diccionario Xeográfico de Pascual Madoz hai varios artigos (Carral, Castelo, etc.) nos que se fala do Jalo; como tamén é certo que a documentación medieval ocúpase dese monte co nome Gallum. Como este lugar foi un despoboado até hai ben poucos anos, a súa denominación escrita atopábase en mapas, os primeiros dos cais se fixeron no século XVIII cando era común empregar o X para representar o J, como en México, Texas, etcétera; e resulta que por culpa dos topógrafos o monte do Jalo escribiuse como Xalo, e a Comisión de Toponimia tragou, como penso que tragou con A Coruña.
Menos tentar asustar (aos nenos cativos), que aos coruñeses convéncenos pola forza da razón e coa maior ou menor intelixencia, pero non cos insultos efectistas de si feixistas, españoleiros e demais rollitos militantes, que eu a dios gracias non milito en nada, e a maior parte da poboación, tampouco.