Losada mete ao PSOE nun berenxenal

O alcalde da Coruña, Javier Losada, acaba de meter ao seu partido nun berenxenal e, segundo algúns dirixentes socialistas, "entrou de cheo na trampa que lle tendeu Carlos Negreira"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/09/2009 | Actualizada ás 01:38

Comparte esta noticia

"E se é normal,  porque carallo levamos días defendendo o contrario e poñendo a parir a Negreira por resucitar un debate morto?", apunta un deputado socialista. "Resulta que agora somos nós os que metemos ese debate na axenda política para desgracia nosa", engade. E é que moitos dirixentes desaproban as declaracións de Losada e tampouco aproban a defensa que fai o propio Pachi Vázquez. "Tivo que saír na súa axuda para non desautorizalo pero a verdade é que nos metemos nunha boa".

Agora, no PSdeG, temen que o PPdeG utilice as declaracións de Losada, e as do propio Pachi Vázquez, para utilizalas como arma política e desviar a atención sobre outros temas de máis calado político. Tamén se albiscan reaccións por parte do Bloque quen xa amosou en público a súa disconformidade coas declaracións de ambos os dous políticos socialistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

3 Clariño

E con respecto ao que dicía no punto 6, por senón quedase claro, si dicimos que "imos traballar por unha Gran Canaria mellor", ou "por unha Ciudad Real mellor"; do mesmo xeito que os portugueses dirán que van traballar "por un Porto mellor", e non "por un Oporto mellor".

En fin, que non son filólogo, pero penso que o artigo non forma parte do topónimo, que o meteu a RAE a principios do século XX de xeito artificioso, que antes as cartas fechábanse en Coruña, tal día de tal mes de tal ano; que cando o topónimo ía a principio de frase non se adoitaba facelo preceder do artigo, pero veu a RAE (meteu a pata) e dixo así como por real orde que cando un artigo se empregaba de xeito frecuente xunto a un topónimo, formaba parte del, e había que usar a maiúscula. Este criterio contaxiouse ao galego normativo, e penso que aqueles pos trouxeron estas lamas.

2 Clariño

Corrixo e retiro que GC fai unha análise contraditoria. En donde se di que "O propio Pachi Vázquez tivo que intervir para NON deixar en evidencia ao rexedor coruñés" eu lera o anterior eliminando salvo ese NON, coa confusión conseguinte. Desculpas polo erro, que non foi de GC, senón meu.

1 Clariño

O problema non é sinxelo pero parece que GC non está moi acertada na súa análise, ou que fai unha análise contraditoria:

1.- Pachi Vázquez segundo o que se lía en Vieiros este luns dicía que:

a) "non vería mal que A Coruña tivese como topónimo oficial tamén a versión deturpada en castelán se hai "consenso" no pleno municipal. Malia isto, criticou o PP por "reabrir un debate de hai 20 anos".

b) "Manuel Vázquez asegurou que calquera cambio sobre o topónimo "debería ser froito dun consenso cidadán e non dun debate artificial" pero que o PSdeG non tería "ningún problema" en aceptar o nome castelanizado, porque Galiza "ten dúas linguas oficiais" e "ter os topónimos nas dúas sería unha cousa absolutamente normal". En calquera caso, asegurou que o principal problema da Coruña non é "chamarse dun xeito ou doutro".

Logo, o tal Pachi Vázquez non deixou en evidencia a Javier Losada, senón que o apoiou, tal e como recoñece de xeito contraditorio GC mais abaixo cando di que Pachi Vázquez “Tivo que saír na súa axuda [na de Losada] para non desautorizalo pero a verdade é que nos metemos nunha boa”.

2.- A realidade social é a que é, e os do PSOE metéronse na Coruña en batallas que non son súas coa retirada da estatua de Millán Astray ou a mudanza dos nomes das rúas que están causando un grande descontento e decepción entre os seus votantes, aos que lles importa unha m. que a súa rúa se chame A ou B, pero non lles da o mesmo as molestias que a mudanza lles vai ocasionar. E Losada sabeo, e quere recuperar votos con algo que sen dúbida llos daría, guste ou non.

3.- Aquí ninguén creo que apoie o cooficialidade de topónimos como Niño da Aguia / Niño de la Guía ou Arteixo / Arteijo, etcétera; pero hai nomes de cidades, ríos ou accidentes xeográficos coñecidos en todo o mundo, que teñen exónimos: Londres /London, A Coruña / La Coruña / La Corogne / Corunna (ou Groyne), etc. No caso de La Coruña, o seu arraigo é tal, que a RAE recomenda usalo a non ser en escritos oficiais, e La Coruña aparece recollida con esa forma no apéndice da súa ortografía.

4.- Dinos a Wiki (ten un artigo interesante para "Exónimo") que as conferencias da ONU para a normalización dos nomes xeográficos aceptan os exónimos, aínda que recomendan que non se creen outros novos.

5.- O topónimo "A Coruña" é unha trapallada, un castrapo consecuencia de unir o artigo galego "A", ao exónimo castelán "Coruña", porque o que moitos lembramos da nosa infancia é que antes de que houbera televisión en galego os paisanos do entorno da Coruña dicían "imos á Cruña", a mesma Cruña que aparece na documentación medieval, pero esta Cruña debeu parece moi bruta e adoptouse o castrapo A Coruña.

6.- Ao mellor unha solución de compromiso sería retirarlle a maiúscula ao artigo, porque se o artigo en realidade formase parte do topónimo poderíamos dicir que somos lacoruñeses, pero somos coruñeses; porque é moi estrano que cando o topónimo vai precedido dun artigo indeterminado e non dunha preposción como é habitual, é imposible usar o artigo A/La: non podemos dicir que "imos traballar por unha A Coruña mellor", ou que "vamos a trabajar por una La Coruña mejor", senón que nos vemos obrigados a eliminar o artigo e dicir "imos traballar por unha Coruña mellor", ou "vamos a trabajar por una Coruña mejor".

Non teño clara a solución, pero non pecho fiestras, sobre todo cando hai unha ampla base social que vería con bos ollos a cooficialidade.