As portas xiratorias do negocio do lume

Denuncian as vinculacións entre cargos da Xunta e empresas relacionadas co dispositivo contraincedios do Goberno galego, entre elas, Indra e Inaer. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 08/10/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Inaer e Indra son dúas das grandes empresas contratadas pola Xunta para o dispositivo contraincendios e para poñer en marcha o centro tecnolóxico de avións non tripulados de Rozas. As dúas empresas moven contratos millonarios e as dúas teñen entre os seus empregados altos cargos da Xunta.

Brigada sube a helicóptero antilumes da Xunta nunha imaxe de Inaer
Brigada sube a helicóptero antilumes da Xunta nunha imaxe de Inaer

Así o denunciou o bombeiro forestal Manuel Martínez na xornada "Os incendios forestais na UE. O negocio do lume", que organizou GUE/NGL e AGEe a pasada fin de semana. Así, suliñou que o ex secretario xeral da Consellería do Mar e Medio Rural, Francisco José Vidal-Pardo, a súa muller e o seu fillo acabaron traballando para unha empresa vinculada a Luis Miñano, o ex presidente executivo de Inaer, ao que se lle descubriron 16 millóns en sicavs.

A muller de Vidal Pardo, avogada da Xunta, formalizou os contratos do Goberno galego con Inaer antes de rematar traballando nesta empresa, segundo denunciou Martínez. Vidal-Pardo cesou do seu cargo en 2013 alegando “motivos persoais”.

As portas xiratorias son un grave problema e quen non o vexa, non ve a realidade porque esa xente vive da nosa soor e dos nosos cartos. Hai xente con moitos intereses”, destacou este bombeiro durante a mesa redonda. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta