Un estudio presentado na RAG alerta do uso "maioritario" do castelán a idades temperás

Nova Escola Galega avoga por traballar na formación de educadores para avanzar na transmisión do galego

A CORUÑA | 06/10/2016 | Actualizada ás 19:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un estudio presentado na Real Academia Galega (RAG) alerta do uso "maioritario" do castelán a idades temperás, remarcando ademais que os procesos castellanizadores "teñen un impacto maior" entre a poboación máis nova.

No traballo, incídese en que "solo se lle transmite o galego a un terzo dos nenos nacidos no século XXI" e apunta que estes utilizan "maioritariamente" o castelán "en todos os contextos de socialización". "Tal é así que oito de cada dez pequenos falan en castelán cos seus amigos", engade.

O estudio recóllese o último número da 'Revista Galega de Educación', editado polo movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e presentado este mércores nun acto na RAG segundo informa esta institución nun comunicado.

FORMACIÓN A EDUCADORES

Sobre este número, sinala que a presidenta de Nova Escola Galega, Mariló Candedo, subliñou o momento "realmente malo" que está a pasar o galego na educación dos máis pequenos.

Ao respecto, o investigador do Seminario de Sociolingüística da RAG, Xaquín Loredo, autor do artigo, incidiu en que a familia está a perder peso lingüístico fronte a outros contextos externos". Por iso, a presidenta de Nova Escola Galega avogou por traballar na formación dos educadores para reforzar a transmisión do galego no ensino.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Sito

Unha das fortalezas que lle queda ó réxime en Galicia son os seus fieis medios de comunicación, que para iso lle enchen os petos. No momento que isto lles comece a fallar comezará a fisurarse o PPdG.

2 Walton

Mira que nos saen caras esas lambetadas que lle fan ao frijolito!

1 Antón

No bipartito non había ningún tipo de axudas. Nin para os medios de dereitas nin nacionalistas e de esquerda. Proba é que nesa etapa pechou A Nosa Terra e outros xornais en galego. Por eso perdeu as eleccións. Como moi ben se di na información, as axudas proveñen do fraquismo, interrompéronse con Touriño e Quintana, e voltaron con Feijoo.

1 Ameneiro

Coido que tanto A nosa Terra coma o Xornal, ou outros, fecharon estando Feijoo de presidente da Xunta.

2 Asié

Pouco sabes Antón. No bipartito houbo convenios "a dedo" desde consellerías de todas as cores. O mesmiño que agora pero divido entre dous partidos.