SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2016 | Actualizada ás 13:41 por EUROPA PRESS
Héctor Cajaraville gañou o 7º Premio Meiga Moira 2016 de literatura infantil e xuvenil, que convoca Baía Edicións, pola súa obra 'Denébola a Roxa'.
Neste premio exerceron de xurado as escritoras Andrea Maceiras, Conchi Regueiro, María Dores Fernández López, Marica Campo, así como a directora de Baía Edicións, María Belén López.
O xurado destaca que 'Denébola a Roxa' é unha novela de aventuras "de estrutura áxil e dinámica, ambientada no século XVII, que relata o desafío dunha muller audaz nun mundo de homes".
Así, nárrase a historia de Denébola, que comparte nome coa estrela máis brillante da constelación de Leo, que loitará por a procura dun mellor destino que o que o seu pai escolleu para ela. Marcada dende o seu nacemento pola superstición asociada á súa cabeleira vermella, intentará rexerse polos seus propios principios e tomar as rendas da súa vida.
A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moura antes de que finalice este ano e o autor recibirá un premio dotado con 2.500 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.