Por gcdeportes | Lugo | 14/10/2016 | Actualizada ás 23:38
Ficha técnica
Cáceres 50: José Antonio Marco (1), Sergio Pérez (16), Rakocevic (13), Toledo (0), Marcius (8) –cinco inicial- Riauka (2), Parejo (7), Corrales (0), Fuller (0), Cano (3) e Nathanaelsson (0).
CB Breogán 113: Josep Franch (15), Rafa Huertas (17), Salva Arco (8), Jonathan Gilling (15), Geramipoor (13) –cinco inicial- Fakuade (15), Iván Cruz (17), Juan Fernández (2), Sergi Quintela (9) e Marcos Ruiz (2).
Parciais: 10-23, 12-32 (22-55), 18-33, 10-25 (50-113).
Partido para a historia do Breogán no Multiusos de Cáceres. O equipo lucense acadou a terceira vitoria consecutiva da Liga e coa maior diferenza de puntos nos 21 anos de historia da LEB Ouro. O marcador final: 50-113 a prol dos homes de Natxo Lezkano, que fixeron un partido case perfecto. Un triunfo histórico por 63 puntos de vantaxe.
2-11 nos cinco primeiros minutos, e 10-23 ao remate do primeiro cuarto. No arrinque do segundo, parcial de 2-15 para sentenciar o partido con 12-38. E ao descanso, 22-55. Non baixou tralo descanso o ritmo o Breogán, que gañou o terceiro cuarto 18-33. Con 40-88 chegouse aos últimos dez minutos e, tras un parcial final de 10-25, ese histórico 50-113 final.
O Breogán segue líder unha xornada máis e supera o récord que tiña o Peñas Huesca dende a campaña 2011-12, cando vencera o CB Granada por 56 puntos (112-56).
O equipo lucense acabou cun 66% de acerto en tiros de campo (31 de 45 en T2 e 9 de 16 en triplas) e con 113 de valoración, por tan só 15 do Cáceres. O mellor, Iván Cruz, MVP con 17 puntos e 9 rebotes. Ata oito xogadores lucenses (todos os do primeiro plantel menos Juan Fernández) remataron con 8 puntos ou máis. E debutou Marcos Ruiz, do Estudiantes, que anotou a última canastra do partido.
Tres de tres para o Breogán de Natxo Lezcano, e o martes, Palencia no Pazo, coa agardada homenaxe a Lisardo Gómez no descanso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.