OPINIÓN.- O antebrazo de Zapatero

 Por María Seoane Romero. A semana pasada o Presidente do goberno de España andivo alén do Atlántico nunha por él codiciada entrevista co máximo mandatario estadounidense. Entrevista que non pasou de ser unha formalidade que aquí se nos pretendera vender como o fin do mundo coñecido. Como o amencer dunha nova era. O martes pasado mirei  ó ceo a ver se atopaba unha luz especial, cegadora, por aquelo do acontecemento interplanetario, aquel que soñou Leire Pajín. Mais non houbo nin tan sequera unha estrela fugaz...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/10/2009 | Actualizada ás 08:31

Comparte esta noticia

None

Zapatero estaba entusiasmado, coas cellas máis en punta que nunca, ante as portas da Casa Blanca, sobre todo cando Barack lle pousou a man sobre o seu antebrazo, e todo isto pese a súa coñecida animadversión cara os yanquis e a súa bandeira. Pero debeu decir o de Groucho Marx, "estes son os meus principios, se non lles gustan teño outros". Pero a foto co flamante Premio Nobel da Paz ("futura") xa non ten o valor mediático desexado nun momento no que a opinión pública española xa non está para que lle vendan fume.

Por iso a escena non lle saliu ben a ZP desta volta. O ostentoso marketing Ferraz quedou reducido á realidade de youtube que nos deixou saber que detrás da foto na que o Partido Socialista Obreiro Español pretendera que representara a complicidade entre os dous presidentes, é tan só á comprensión de Obama, moi educado el, porque o noso Presidente non se enteraba cando lle falaban en inglés: Obama agarrou a Zp polo brazo e dixo: "síntoo, falei demasiado rápido, e non me percatei de que aquí hai xente que non entende o noso idioma".

O único que tiñan os socialistas para amosar un pouco de liderazgo de José Luis Rodriguez Zapatero era unha foto de "amizade" con Barack Obama pero agora que a foto lles fallou, que queda desta reunión interplanetaria? O envío de máis gardas civís españois á guerra de Afganistán.

María Seoane é presidenta de NN.XX. de Galicia e deputada no Parlamento Galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

17 anónimo

TIÑA QUE VOLTAR COMA ESTE:

HEMOS ESTADOU TRABAJANDOU EN ELLO JUSTAMENTE...

http://www.adnstream.com/video/BaNk...

16 anónimo

pero non están a falar dunha meniña das Novas OSEATELOJURO Xeracións, anonimus? Estas perdendo o oremus

http://www.sueltomirollo.es/igualsi...

15 anonimus

Vaia socialismo maís rancio temos na Galicia... de ahí que estean na rua,manifestandose polo que puideron ser e non foron

14 Emilio

esta chica universitaria....está matriculada, pero dudo que haya pasado del 1º ciclo..xq para aprobar, hay que ir a clase, estudiar e ir a los examnes

13 pepito grillo

"...si lo hace en gallego quizás sea para daros en la cara a algunos que decís que ninguno del PP utiliza este idioma." Ese sí que é un bo motivo para expresarse en galego. Do que se trata é de demostrar é a onde nos han leva-las políticas sobre a lingua que pretende o PP. Si esta rapaza, universitaria, política (deputada para máis información) non sabe escribir en galego pois xa me dirás ti, querido Anónimo