Os libros en galego caen máis dun 25% en cinco anos

Esta tendencia non se reproduce a nivel estatal, onde o número de títulos continúa aumentando, segundo os datos dun informe difundido este mércores polo Consello da Cultura Galega (CCG).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2016 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A produción editorial galega descendeu en case un cuarto do seu volume total nos últimos cinco anos, segundo os datos dun informe difundido este mércores polo Consello da Cultura Galega (CCG).

Libros en galego
Libros en galego

O documento, elaborado segundo datos do ISBN, indica que o pasado exercicio editáronse un total de 2.266 libros, 338 menos que en 2014. Estas cifras evidencian unha caída progresiva que sitúa o descenso nun 24,5 por cento no último quinquenio. Unha tendencia que, non obstante, non se reproduce a nivel estatal, onde o número de títulos continúa aumentando.

Por outro lado e observando ao evolución de publicacións dende o ano 2008, o número de libros publicados en galego descendeu un 43,8 por cento que salvo un repunte no ano 2010, supoñen máis de mil títulos menos ata o período actual. Así mesmo, as obras en lingua galega representan un 61,5 por cento do total de libros con ISBN editados en Galicia.

O CCG deu a coñecer estes datos a través do Observatorio da Cultura Galega e con motivo da súa presenza na Feira Internacional do Libro (Liber) en Barcelona.

O informe indica, á súa vez, que a edición en galego está moi orientada "a áreas como Educación e Literatura", rexistrando unha tendencia ascendente en ambos os dous casos.

O incremento "máis notable" deuse nos de carácter educativo, cun aumento do 11 por cento respecto a 2013, ademais de en Literatura ou Historia ou aqueles dirixidos a un publico infantil e xuvenil e as publicacións de ciencias sociais ou humanidades.

En contraposición, rexistrouse unha redución de publicacións en galego no ámbito científico-técnico e de tempo libre.Tamén se reduciron as traducións ao galego no período 2008 e 2014, se ben se produciu un repunte entre os dous últimos anos dese intervalo.

A edición privada supuxo o 94 por cento de toda a produción de libros neste idioma con "grandes oscilacións" segundo o ano. Así mesmo, o 20,1% das obras publicados en 2014 en galego tiñan un prezo que se movía entre os 10 e os 12,5 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta