Silva avanza que a Deputación estuda cambiar 'Plan Concellos' para "reequilibrar" tras anos de "caciquismo" de Louzán

A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, avanzou que o Executivo provincial estuda fórmulas para cambiar o 'Plan Concellos' co obxectivo de "reequilibrar" a provincia e compensar os municipios que durante os doce anos de goberno do popular Rafael Louzán sufriron, segundo subliñou, unha "clarísima discriminación".

PONTEVEDRA | 21/10/2016 | Actualizada ás 18:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, avanzou que o Executivo provincial estuda fórmulas para cambiar o 'Plan Concellos' co obxectivo de "reequilibrar" a provincia e compensar os municipios que durante os doce anos de goberno do popular Rafael Louzán sufriron, segundo subliñou, unha "clarísima discriminación".

Carmela Silva dixo estar "segura de que os alcaldes do PP van estar preocupados" porque fagan "un plan diferente que responda aos desequilibrios que Louzán deixou nesta provincia".

Nunha comparecencia ante os xornalistas no transcurso da clausura do programa 'Deporuarte', a presidenta provincial matizou que "de ningún modo" se trata de modificar a filosofía dun plan "que é un exitazo" e que permitiu, segundo destacou, acabar coa libre disposición e o "caciquismo e clientelismo" do goberno do PP, apostando por unha repartición "áxil e transparente" e realizado dende a "legalidade".

Non obstante a presidenta da Deputación provincial indica que "ante o comportamento desleal do PP" con este plan, o goberno que preside vai analizar "o que fixo mal Louzán" e "reequilibrar os fondos que reciben os concellos da provincia".

A presidenta da Deputación puxo como exemplo os municipios de Poio e A Garda que, entre 2009 e 2015, "non recibiron axudas nin asinaron ningún convenio", máis alá dos que obriga a lei. Para Silva é "xusto" reequilibrar os investimentos para que todos os concellos poidan ter "os mesmos equipamentos, as mesmas obras, os mesmos servizos e os mesmos dereitos".

DIÁLOGO

Estas declaracións de Carmela Silva responden ás críticas formuladas polo voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, Anxo Moldes, que asegurou que coa rectificación que anuncia do 'Plan Concellos'"está a recoñecer o fracaso absoluto do seu proxecto estrela este ano".

Anxo Moldes defende que "é momento de que aposten por unha repartición nova dos fondos e que o fagan" con diálogo". Segundo insiste, a mellor opción é que a presidenta convoque a todos os alcaldes para crear unha comisión na que decidir por maioría as liñas xenerais de repartición dos recursos económicos e a cantidade que a institución provincial destina aos concellos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta