O accidente de autobús en Piñor (Ourense) saldouse con sete feridos trasladados a centros sanitarios

O accidente de autobús rexistrado na tarde do domingo ao sairse da vía o autocar na AG-63 ao seu paso polo municipio de Piñor (Ourense) saldouse finalmente con sete persoas trasladadas a centros sanitarios e outras tres dadas de alta no punto do sinistro.

OURENSE | 24/10/2016 | Actualizada ás 10:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O accidente de autobús rexistrado na tarde do domingo ao sairse da vía o autocar na AG-63 ao seu paso polo municipio de Piñor (Ourense) saldouse finalmente con sete persoas trasladadas a centros sanitarios e outras tres dadas de alta no punto do sinistro.

Así o confirmaron o 112 Galicia e o 061 en relación ao sinistro rexistrado sobre as 17,57 horas do domingo no quilómetro 64 da AG-53 sentido Ourense ao sairse da vía un autobús que pasou por enriba dun valado de seguridade.

Ao lugar, o 061 desprazou tres ambulancias asistenciais e unha medicalizada, ademais de persoal sanitario dos PAC de Lalín e O Carballiño.

En total o persoal sanitario atendeu a 11 persoas, das cales tres recibiron a alta no punto do sinistro --tres homes de 68, 75 e 76 anos de idade--.

Mentres, cinco persoas foron levadas ao Hospital Cristal: as mulleres H.F.V., de 85 anos; P.V.V., de 68; L.S.G., de 80; e C.B.G., de 80 anos, xunto cun home, J.B.D., de 83 anos.

Pola súa banda, dous pacientes, a muller D.P.L., de 88 anos, e o varón M.M.G., de 53 anos, foron trasladados ao Centro Médico El Carmen, segundo confirmou o 061.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta