OPINIÓN.- Triste Rosa

 Por Manuel M. Barreiro. Rosa (Díez) de España prosegue a súa tornée outonal por cidades de provincias. Tocoulle vez á Coruña onde se sabe comprendida e silandeiramente querida entre náufragos do vazquismo, financeiros á espera de rescate e soberbios heraldos da «voz da rúa». Antes de comentar no Club Financeiro a marcha xeral da historia e da economía da patria, exhibiuse desafiante para disputarlle a Núñez Feijóo os votos de Galicia Bilingüe, gorentoso celeiro electoral co que quere engordar a franquía galega de UPyD...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/11/2009 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

None

Rosa Díez é unha experimentada populista, habelenciosa nesa política que definiu atinadamente o poeta e dramaturgo Louis Dumur como «a arte de servirse das persoas, facendo crer que se lle serve». Díez aprovéitase da fraquezas de PP e PSOE para postularse como síntese, e ao mesmo tempo superación, das forzas nucleares do bipartidismo español, abandeirando un progresismo baleiro, cinicamente dereitista e neocentralista.

Un dos máis influentes blogueiros italianos, Roberto d'Agostino, confesáballe a Miguel Mora, corresponsal de El País, que quen manda en Italia é «unha trama de intereses. Chámalle P2, P3 ou P4, que decide se es de fiar e te dan ese papel. Ti só non chegas aí. Son eles quen mandan». O fío condutor da axenda agochada de Rosa Díez non é outro que o seu degoiro por seducir aos poderosos xestores das nosas P2, P3 ou P4 de que ela é de fiar e de que o seu populismo, raquítico en votos e anémico en cultura democrática, necesita do seu agarimo mediático e financeiro para triunfar como remedio para todos os males de España.

Aínda é pronto para saber se Rosa Díez será adoptada pola grande aristocracia dos negocios e polos construtores da opinión pública como unha utilitaria alternativa de poder, mais como pouco Feijóo tenlle que estar moi agradecido, que o acuse de ser moderado e centrista é a mellor promoción que se lle pode facer ao líder dos novísimos conservaduros galegos. De Monte Pío deberían mandarlle un galano cunha sentida nota: «Rosa vermella, fachendosa rosa, triste rosa de todos os meus días.»

Manuel M. Barreiro  é historiador e analista político, mantedor do blog De paso

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 coruñés

A Coruña é a aldea máis grande de Galicia.
E é onde como diría Rosa Díez o pensamento aldeano, no sentido máis pexorativo do termo, está máis difundido na mentalidade colectiva cidadán.
É triste ver xente á que se lle presupón algo de cultura dicindo que ós seus netos lles impoñen unha asignatura en galego con palabras inventadas como "silvicultura", a anécdota é real.
Ou considerar que a descastelanización de topónimos é unha falsedade e que os orixinais eran os castelanizados moitas veces dun xeito burdo.¡¡¡
En fin, recomendo a entrevista á Condesa de Fenosa, a muller de Perico Barrié que te era muy buena persona, feita por Carlos Fernández e publicada este domingo póstumamente polo ínclito xornal curuñés de La Coz. Esta clase de individuos é unha minoría mais a imaxe de señoritodelacuruña está moldeada por eles. Léano, aconséllollo encarecidamente, e ríanse un pouco, que sempre é bó.

6 airadasenra

Clariño... guillerme vazquez chamoulles estúpidos non os coruñeses (nese caso o estúpido sería él mesmo) senón aos que queren recuperar a l para o nome oficial da cidade.
Claro?

5 anónimo

Moi bo artigo Manolo e benvido ao GC

4 Clariño

Di o Sr. Barreiro:

"Rosa (Díez) de España prosegue a súa tornée outonal por cidades de provincias. Tocoulle vez á Coruña onde se sabe comprendida e silandeiramente querida (...)".

Non podía faltar a nota contra a Cruña, pero resulta que esta señora non se manifestou aquí refrita co PP ou Falange Española, senón noutro sitio supoño que tería mais apoios.

Pois nada, a seguir a botar pestes cotra a Cruña, que así, chamándonos estúpidos [Guillerme Vázquez dixit] van medrar en votos. Pero non so é eso, como nunca nos poideron ver, é contra o aeroporto, é contra o porto exterior, é contra calquera cousa que traia prosperidade a esta cidade e non nos afunda no océano. Así lles loce o pelo, e lles locerá.

3 Pardo de Cela

A secretaria ven a Galicia a montar lío. Primeiro ataca o noso idioma e logo insúltanos, no noso Presidente, quedándose tan pancha.
Ten complexo por non ter carreira universitaria e ser perdedora nas sucesivas eleccións a secretaría xeral do psoe e do pse. Débea traicioar o subconsciente no tema de ser secretaria.