Por gcdeportes | Compostela / Burela | 29/10/2016 | Actualizada ás 09:33
Ficha técnica
Santiago Futsal 2: Chema Mella, Pablo Tallón, Alemao, Catela e Antonio Diz –cinco inicial- Alex Diz, Dani Montes, Santi, Hugo Sánchez, Armando e Pablo Mel.
Aspil Vidal Ribera Navarra 4: Molina, David, Hamza, Rubi e Pedro–cinco inicial- Luisma, Oussama, Ferrán Plana e Kostas.
Goles: 0-1: Rubi (miuto 12). 0-2: Hamza (26’). 1-2: Armando (27’). 1-3: Rubi (37’). 1-4: Hamza (38’). 2-4: Armando (39’).
Árbitros: Martínez Segovia e Munez Carpintero. Amarelas a Antonio Diz no Santiago Futsal e a Pedro e David no Ribera Navarra.
Incidencias: partido da 4ª xornada da LNFS no Multiusos Fontes do Sar ante arredor de 1.000 espectadores.
“Non foi un dos nosos mellores partidos”, sentenciou Santi Valladares trala derrota do Santiago Futsal 2-4 ante Ribera Navarra. Na primeira parte, segundo o técnico local, non apareceu Santiago no partido, e no segundo tempo, tivo opcións, pero atopouse cun gran Molina baixo paus e foi sempre a remolque. Con xogo de cinco, Hamza e Rubi sentenciaron con dous goles consecutivos para os visitantes. Ao final, 2-4, segunda derrota compostelá consecutiva tras caer 6-5 no derbi irmandiño e as dúas vitorias iniciais.
Os primeiros minutos estiveron marcados polas imprecisións, con moitas perdas que lastraban o xogo de ataque. Traspasado o ecuador da primeira parte, Ribera Navarra avisou cun disparo á madeira e tan só un minuto despois, Rubi puxo o 0-1 nunha xogada a balón parado. Co marcador en contra, Santiago Futsal fíxose coa pelota e Catela e Antonio Diz tiveron ocasións para un empate que non chegou antes do descanso.
Tralo paso por vestiarios, Santiago Futsal presionaba arriba a saída de balón do rival: Pablo Tallón perdonou un man a man ante Molina e Antonio Diz rematou co calcañar ao pau. Cando semellaba que chegaría o empate, Hamza fixo o segundo para os visitantes. Lonxe de renderse co 0-2, Armando fixo tan só un minuto despois o 1-2 tras rematar un balón ao segundo pau nun saque de falta de Álex Diz. Acosaba e dominaba en área contraria o Santiago Futsal, pero unha vez tras outra topouse co porteiro Molina: detivo un man a man ante Dani Montes, dous remates de Armando sobre a liña de gol e incluso outro man a man con Pablo Tallón tras unha magnífica diagonal con Álex Diz. Con porteiro xogador apuraron as súas opcións os galegos nos últimos seis minutos, pero chegaron dous goles visitantes consecutivos: Rubi e Hamza coa portaría baleira dende campo propio. A falta de 1:12, o segundo de Armando puxo o 2-4 definitivo.
Ficha técnica
Magna Gurpea 5: Asier, Dani Saldise, Eseverri, Araça, Rafa Usín –cinco inicial- Roberto Martil, Yoshikawa, Jesulito e Alvarito.
Pescados Rubén Burela 2: Álex, Jorge Bellvert, Cuco, Matamoros, Iago Rodríguez –cinco inicial- Chano, Antoñito, Petry, Iago Míguez e Hélder.
Goles: 1-0: Rafa Usín (minuto 2). 2-0: Araça (14’). 3-0: Roberto Martil (24’). 4-0: Eseverri (29’). 5-0: Rafa Usín (35’). 5-1: Matamoros (36’). 5-2: Petry (38’).
Árbitros: González Moreta e Sánchez Chamorro. Amarelas a Roberto Martil, Jesulito, Yoshikawa e Eseverri no Magna Gurpea e a Matamoros no Burela.
Incidencias: partido da 4ª xornada da LNFS disputado no pavillón Anaitasuna de Pamplona ante 2.100 espectadores.
Vitoria do Magna Gurpea por 5-2 ante un Pescados Rubén Burela que non puido lograr o desafío de asaltar Anaitasuna. Os navarros, que se manteñen invictos na competición, venceron con xustiza ante un conxunto burelao que tardou en reaccionar (chegou a perder 5-0).
O Magna Gurpea realizou unha posta en escena fulgurante presionando a un Burela que no minuto 2 xa encaixou o 1-0 de Rafa Usín. Malia o gol, os pamploneses non levantaron o pé do acelerador con Rafa Usín como protagonista principal na finalización, pero Álex respondeu con seguridade e Petry evitou o segundo gol navarro. Ata o minuto 10 non chegou a primeira resposta laranxa cun disparo de falta directa de Iago Rodríguez que Asier logrou neutralizar. Os navarros controlaban o xogo e gozaban de oportunidades para ampliar a renda. Logo dun tempo morto chegou o 2-0 por mediación de Araça e Dani Saldise tivo o terceiro ante un Burela desaparecido en Anaitasuna e que no último minuto recorreu ao xogo de cinco para manter o resultado (2-0).
Na segunda parte o duelo comezou cos papeis intercambiados, o Pescados Rubén saltou máis enchufado para tentar acurtar distancias e gozou dun par de aproximacións perigosas, pero o 3-0 marcado por Roberto Martil tras un potente disparo foi un duro golpe para os laranxas. No minuto 28, Daniel Ibañes apostou polo xogo de cinco para tentar variar o rumbo do choque, pero o recurso mariñanao que noutras ocasións funciona á perfección, non xurdiu efecto en Anaitasuna. O eterno Eseverri fixo o 4-0 e no minuto 35 Rafa Usín ampliou a renda local ata o 5-0. O duelo entrou na súa recta final co Magna Gurpea como claro acredor á vitoria, aínda que Matamoros aproveitou un dobre-penalti para facer o 5-1 no minuto 36 e Petry marcou o 5-2 definitivo no 38'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.