A UE, a globalización e Rajoy

No debate parlamentario do día 27, o candidato Rajoy, “españolista” e centralista, respondía ao nacionalista catalán Joan Tardà dicíndolle, entre outros argumentos, que iba contra os tempos, pois estamos moi avanzados na integración europea, e incluso xa ao lonxe albíscase un estado mundial. Esto último sonaba máis angloamericano do que europeo (o one world, xa preanunciado nos Catorce Puntos de Wilson, 1918). Pero Rajoy —que é calquera cousa menos parvo—, ¿en qué posición cree que quedaría ahí España, e mesmo a UE? Realista e con sentidiño como él é, non ignorará que nese one world, a lei de ferro das oligarquías cumpliráse igual que se cumple na UE e na España, e os gobernos non sempre mirarán polo interés xeral, como non miran en España nin en Europa. Esto lévanos a cuestionarnos: ¿ten sido, ou está a ser, a UE alcanzada, ou superada, pola globalización? E, ademáis, ¿saben e aceptan esto os gobernantes europeos e españois, como Rajoy? Dende os Pactos de Familia do s. XVIII en diante, as elites gobernantes españolas demostraron coñecer e aceptar a subordinación de España ao exterior máis dunha vez.

Por A.C. Pereira-Menaut | Compostela | 03/11/2016

Comparte esta noticia
Por partes. A superación do estado está clara agora: tras aproximadamente tres séculos de aceptación indiscutida, coa primeira Guerra Mundial o estado comenzou a ser superado en diversas frontes, como defensa. Agora, a cantidade e cualidade de cousas da nosa vida cotiá que hoxe non dependen xa do estado senón da UE (ou ben, depende do estado a mera execución, pero da UE a decisión) son moitísimas, importantes, e cada día máis. Non é preciso insistir nesto.
 
A superación da UE de momento non está tan clara, pero pode que có tempo non sexa menos real. Simplemente, ¿cántas cousas vemos a cotío no supermercado non producidas na UE? ¿Cántas actividades e tarefas non dependen xa da UE senón dos USA, da ONU, FMI, OTAN, OMC, do CEDH? Moitas menos que no caso da superación do estado, pero de peso, e medrando: comercio, inmigración, lex mercatoria e contratos internacionais, novo terrorismo, defensa, medio ambiente, tribunais internacionais, “soft law”, novos dereitos da ONU, ideoloxía de xénero…  Pode que a UE acepte eso porque o profesa, pero o fondo do argumento subsiste.  Por esto a UE deixou de ser tan atractiva para os de fora.  Idos son os tempos nos que, en 1962, ata a dictadura franquista solicitaba o ingreso no Mercado Común.  Unha moderada pero crecente cantidade das tradicionais avantaxes da UE (desevolvemento económico, libre comercio, libre circulación…) pódense acadar tamén dende fora.  ¿Qué avantaxes decisivas ofrece a UE a un noruegués, islandés ou suizo?  ¿E a un grego, hoxe?
 
Dende a súa creación, os estados supuxeron unha clara diferencia política, xurídica e económica; defenderon ás súas poboacións tanto “ad intra” como “ad extra”, e até cun belicismo innecesario (séculos XVI-XIX).  Polo mesmo, a Unión, se pretende ser a comunidade política de Europa, ten que difernciarse e ten que nos defender.  ¿Deféndenos da globalización?  Non, porque convénlle ás grandes empresas, sobre todo alemáns, abrir plantas na China ainda que eso implique o esmorecemento do pequeno comercio aquí, e ainda que os chineses teñan máns libres para mercar até as conserveiras e clubes de fútbol locais. Pero non é unha cuestión só fáctica: a UE legalmente acepta e impulsa a globalización; no canto de controlala, aprofondiza nela. Caso da autopista AP 9: pode acabar en mans de americanos ou de malasios; e Feijóo non nos defende, nin Rajoy, pero a UE tampouco; élle indiferente que unha vía rentable da súa rede viaria, pare nas máns de alguén que esta nas antípodas; dun fondo de especulación cuxos depositantes ignoran a existencia da Galicia.
 
Se a UE non nos protexe dos terribles ventos da globalización, que arrasan o Planeta, incrementan a desigualdade e concentra a riqueza ainda máis, estará a incumplir unha das obrigas de toda “polis” ou “civitas”: a protección da súa poboación, “salus populi”…  Pero có rumbo que colleu nestes case dous lustros de crise, ollando as cousas dende fora, un observador marciano diría que para a UE semella como se o primeiro xa non sexamos as persoas (dende logo, as persoas gregas, non).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antonio Carlos Pereira-Menaut É Catedrático de Dereito Constitucional na USC. Tamén é director da Cátedra Jean Monnet de Dereito Constitucional europeo.Ocupouse de Teoría Política, Teoría Constitucional, Constitucionalismo Comparado (sobre todo, inglés), e Federalismo, Autonomía e organización territorial. É un gran coñecedor do proceso de constitucionalización da Unión Europea.