SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2016 | Actualizada ás 18:00 por EUROPA PRESS
O Consello da Cultura Galega foi admitido este martes en calidade de observador consultivo na Comunidade de Países en Lingua Portuguesa (CPLP), unha admisión producida durante o XI Conferencia de Xefes de Goberno e de Estado da entidade.
Con isto culmina un dilatado proceso de tramitación iniciado en 2010 para facer "máis visible a lingua e a cultura galegas no exterior", en palabras do presidente do conselo, Ramón Villares.
O estatus de observador consultivo supón que Galicia poderá estar presente nas reunións temáticas da CPLP, cambiar información dentro desta rede de estados e entidades internacionais e servir de unión permanente entre a entidade e a cultura e lingua galegas.
O Consello da Cultura Galega foi a primeira institución galega en solicitar a inclusión na CPLP, en 2010. A iniciativa foi potenciada coa aprobación por unanimidade no Parlamento, en 2014, da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.