O BNG urxe un acordo para desbloquear o proxecto do Campus do Mar nos terreos da antiga ETEA de Vigo

O BNG urxiu este mércores un acordo entre Xunta, Zona Franca e Concello de Vigo para desbloquear o proxecto do Campus do Mar nos terreos da antiga Escola de Transmisións e Electrónica de Armada (ETEA) na cidade olívica.

VIGO | 09/11/2016 | Actualizada ás 14:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O BNG urxiu este mércores un acordo entre Xunta, Zona Franca e Concello de Vigo para desbloquear o proxecto do Campus do Mar nos terreos da antiga Escola de Transmisións e Electrónica de Armada (ETEA) na cidade olívica.

Así o manifestaron os deputados da formación nacionalista, Luis Bará e Montse Prado que, xunto con responsables locais e comarcais do BNG, mantiveron unha reunión co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Bará subliñou que o actual é un "momento crucial" para poñer en marcha esa iniciativa, posto que "hai fondos pendentes" para poñer en marcha a primeira fase". Por iso, manifestou o compromiso do BNG a nivel parlamentario para buscar o acordo que desbloquee este proxecto "fundamental para Vigo".

Así mesmo, indicou que a súa formación continuará en contacto coa asociación de veciños de Teis, parroquia onde están os terreos da antiga ETEA, dado que a posta en marcha do Campus do Mar "debe contar coa participación e complicidade" dos veciños.

"Hai que recoller as súas demandas de mellora do ámbito, e a Xunta e o Concello ten que facer esforzos por recuperar os espazos da ETEA, que teñen un enorme potencial para o desfrute dos veciños do barrio e do conxunto da cidade", engadiu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta