Os institutos impulsan o galego desde a base

O IES Saturnino Montojo de Ferrol realiza varios proxectos para que os nenos se familiaricen coa nosa lingua.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 16/11/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O IES Saturnino Montojo está a realizar dous proxectos de innovación educativa, colaborativos e interdisciplinares para impulsar o coñecemento do galego; Correspondentes xuvenís e Camiños. Os dous están coordinados polo EDLG e contan co apoio da dirección do centro e a implicación de todos os departamentos didácticos. 

Unha profesora durante unha clase de galego
Unha profesora durante unha clase de galego

Son precisamente estes departamentos os que, con estas actividades, conseguen impulsar e dinamizar o galego nos centros escolares. Así, estes proxectos desenvolveranse ao longo de todo o curso. Durante este primeiro trimestre  estanse celebrando faladoiros, así como actividades como o recitado; instalación artística co gallo do día contra a violencia de xénero, clubs de lectura, a venda de doces para recadar fondos para una ONG que se ocupe dos refuxiados, a exposición sobre As nosas raíces na emigración ou un concurso de fotografía.

Para o segundo e terceiro trimestre hai programados roteiros polos camiños da contorna para descubrir e pór en valor a paisaxe, concursos literarios, instalación artísticas, elaboración de presentacións e vídeos. 

Obradoiro de plurilingüísmo

Precisamente, nun destes obradoiros participou o sociolingüísta indio Anik Nandi, que impartiu unha charla interactiva sobre o plurilingüísmo e a diversidade cultural, comparando a situación da India coa de Galicia.  “Foi una actividade que contribuíu de xeito sobresaliente á formación integral do alumnado ao permitirlle achegarse dun xeito ameno e moi efectivo a outras realidades lingüísticas e culturais”, apuntan desde o centro.

O obradoiro consistiu nunha charla interactiva acompañada dunha entretida presentación, un recitado en galego e bengalí e unha entrevista cun grupo máis reducido de rapazas que constitúen o equipo de redacción da revista escolar. Posteriormente impartiu unha sesión formativa ás profesoras.

“Consideramos que a actividade desenvolvida por Anik Nandi supuxo unha achega moi relevante na adquisición tanto da competencia lingüística como da competencia en conciencia e expresións culturais do alumnado”, engaden nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 NEXUS 6

¿Pero que máis familiriaridade queren? Os alumnos de hoxe levan moitos anos estudando en galego: a metade das materias son en lingua galega, o uso do galego é consustancial aos profesores e mestres, prácticamente todas as actividades extraescolares e celebracións fanse na língua galega, os carteis e murais nos colexios están só en galego, os boletíns das evaluacións, as comunicacións para as familias, os comunicados das ANPAS, os menús dos comedores só en galego ¿qué máis queren?

1 teutonio

Estasme a dicir que por tres horas ao día de clase como moito, uns carteis no centro e seguramente sen contacto co galego até a entrada en educación primaria (que actividades extraescolares ni que niño muerto?), un nenoa que desenvolve a súa vida en castelán, nun lugar no que esta lingua é a ambiental vai estar familiarizado co galego?.

2 nostrus

teutonio. Deixade xa de dala murga con galego que só é unha lingua para que a use todo aquel que o desexe, polo motivo que lle dea a gaña, porque se sinte mais cómodo, se expresa mellor, ctr,nada mais, polo ben da xente. O galego é unha realidade galega, pero non é necesario e a sua utilidade é minima (por moito que vos doa e non queirades admitir a realidade). A nosa constitucion garante todas as linguas nos seus respectivos territorios onde se fala. Para o bon funcionamento da sociedade o galego non é preciso que sexa de obrigada comprension por toda a poboacion, como pasa co español e si vos sodes incapaces de comprendelo sodes vos quenes tedes o problema, porque eu chego a comprendelo.

3 nostrus

Na historia houbo millons de galegos que morreron sin saber falar galego e por eso non foron ao inferno. O galego é un direito porque asi o recoñece a nosa Constitucion, pero non é unha obriga, como tampouco o é coñecer a Biblia. Abonda xa de considerar ao galego como unha relixion de obligado cumplimento, agás para aqueles que asi o queren considerar. Os demais mortales falamos o galego porque nos guste e nos sentimos cómodos sin precisar que nadie nos evanxelice. O nacionalismo identitario maniático que vaia a rañala e deixe de dala murga.

1 teutonio

Hai que ver que mala é esta xente!, profesores que desexan que os seus alumnos teñan máis coñecementos e non desenvolvan prexuízos, o nunca visto... de verdade meu, non te cansas de facer o ridículo?

2 nostrus

Para los nacionalistas gallegueros es tan importante que los niños dominen el gallego como para los nacionalistas catolicos lo es que los niños esten bautizados. Para los ultragallegos la lengua gallega no es un derecho ni una cuestion de utilidad, sino que es un elemento de identidad obligatorio, un peaje para acceder a la galleguidad. Pero tal peaje obedece a las manias identitarias de alguien que se obsesionó con la lengua, del mismo modo que se pudo obsesionar con la gaita y exigiera que para ser gallego habria que saber tocar la gaita, o dejar barba y negar la condicion de gallego al que no dejara barba.

1 Fartodalingua

Mentira. Los alumnos ya están familiarizados con la lengua regional, que para ellos ha sido lengua vehicular de muchas asignaturas desde que están escolarizados. Lo que verdaderamente se esconde tras esas iniciativas es adoctrinar a los alumnos con conceptos como la identidad (sólo la gallega), la lengua propia (lleva implícita la idea de ajena e impuesta del español) y el rechazo a lo que no es "gallego" (según el ideario de algunos, claro). Esto recuerda a aquellas asignaturas de infausto recuerdo como Formación del Espíritu Nacional (FEN), y zarandajas parecidas. En el fondo, todos son igual de fachas.

1 Fartodeti

A pastar

2 Ichken

jajaja muy buena Fartodeti. Yo incluso incluiría alguna más: Fartodalingua, cuando acabes de pastar, vete a darle morreos al nostrus (si es que no sois el mismo)