Protesta na Coruña contra a orde dun xuíz de desafiuzar unha muller por ser "o mellor" para ela

Stop Desahucios acusa o titular dese xulgado de "saltarse" a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre esta materia.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/11/2016 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O colectivo Stop Desafiuzamentos concentrouse este venres ante a Audiencia Provincial da Coruña para protestar pola decisión dun xuíz que ordena desafiuzar unha muller ao considerar que se trata "do mellor" para ela.

Protestas dos activistas de Stop Desafiuzamentos en contra do desaloxo do Centro Social de Palavea
Protestas dos activistas de Stop Desafiuzamentos en contra do desaloxo do Centro Social de Palavea | Fonte: @jcabalar

Así, segundo informa este colectivo, o Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña avala a expulsión dunha muller da súa vivenda por unha débeda hipotecaria.

Stop Desahucios acusa o titular dese xulgado de "saltarse" a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre esta materia e de asegurar sobre a afectada que "o mellor é que a desafiúcen".

Na protesta, á que tamén acudiu o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o colectivo apelou a unha cláusula declarada abusiva polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Consideran que "ten que ser declarada nula e, polo tanto, se debe arquivar o procedemento de execución hipotecaria".

Para este colectivo, os xuíces coruñeses deixan "desprotexidos" aos afectados por este problema ao non aplicar a sentenza europea sobre as hipotecas e ademais "deciden polos afectados, dicíndoos que o procedemento de execución, nestas condicións declarado ilegal pola xustiza europea, é o mellor para eles".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Estado Galego

agora anda dicindo podreiros o da pobreza enerxetica... galegos o que nos necesitamos e un-ha tarifa eléctrica galega e non española... agora van vir podreiros e chupadanos (si tamén chupadanos esta na leira ) ... agora van vir a roubarnos... sacaran a noxa enerxia eléctrica e nos teremos mais cortes eléctricos que venezuelas... namentras en mandriles poñen o lucerio do nadal o día 25... 25 de novembro para impulsar o CONSUMISMO e non o comunismo... !non o comunismo expañol de podreiros! Waldo socialmerdocrata expañol deixa de engañar a nosa xente... TODO E EXPAÑA... O XUIZ SERA COLEGUITA DE VILLUELAS... todo coa constiprostitución ... nada sin a constiprostitución... PODREIROS xa esta mais a dereita co aluado de Adolfo Trump...

2 Bufffff

Todos temos dereito a ter unha vivenda. Ao que non temos dereito é a que nola paguen así como polo morro e polo belfo dos impostos de todos. Hipotecarse é como xogar á bolsa, ningué pon á xente unha pistola ao peito para facelo. E se ninguén pon o grito no ceo pq perdeu na bolsa o que tiña, é igual de ridículo poñelo pq non se pode pagar a hipoteca, hai un pufo e o malvado prestamista non é gelipollas nin Caritas. Non hai obriga de hipotecarse, existen pisos en aluguer, compartidos, aluguer de habitacións, casas de durmir e refuxios de transeuntes. É cousa de adaptarse ás posibilidades de cada un, facer un test de stress antes de hipotecarse, e non vir con cuestións sentimentaloides cando, ao igual que na bolsa, xogaches, e perdiches.

1 Billares dixit

Se a orde é dun xuíz hai que respectala escrupulosamente. Dentro de la ley todo fuera de la ley nada viva el orden y la constitución