Temas: CHUVIA

Este domingo entra unha nova borrasca en Galicia

Os ceos estarán cubertos con chuvias e intervalos de ventos fortes no norte.

Por Galicia Confidencial | Muros | 20/11/2016 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Durante a xornada do domingo Galicia quedará nunha zona de transición á espera dunha nova borrasca que se achegará polo noroeste nas últimas horas do día.

Imaxe do Porto de Sardiñeiro un dia de temporal
Imaxe do Porto de Sardiñeiro un dia de temporal | Fonte: QPC

Así, esperan ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables na metade oeste. Pola noite, as chuvias serán xeneralizadas e de intensidade localmente forte, ocasionalmente acompañadas de aparato eléctrico e sarabia.

Segundo a información, as temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.

Pola súa banda, o vento soprará moderado do sudoeste, con intervalos fortes no litoral norte. Pola noite, aumentarán a fortes en todo o litoral e nas zonas altas.

Temas: CHUVIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nadiña de nada

si pero e de forza un... non e de forza 5 nin huracancio forza 7.... e a primeria borrasca! ogalla levase as ondas de Vodafone o de decir que o galego e un dialecto e moito!... esto debería informarse non soamente a Galiza sinon a Portugal e outros países da fala