La Voz cobra por facer publicidade da Xunta nunha serie da TVG

Serramoura inclúe contidos -incluídos diálogos guionizados a medida- deseñados para a "divulgación" das políticas do Goberno contra os incendios.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 25/11/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural e Voz Audiovisual, parte do Grupo Voz, teñen vixente un convenio “para a divulgación das políticas da Consellería contra os incendios” na serie da TVG Serramoura.  Por el a Xunta pagará a La Voz de Galicia 25.000 euros, malia que a memoria xustificativa do convenio especifica que “as partes asinantes exclúen o ánimo de lucro”.

Serramoura
Serramoura | Fonte: crtvg.es

Esta é a primeira vez que transcende que o Goberno Galego explotase unha serie de televisión para facer publicidade, que podería ser encuberta.

É legal facer publicidade  nunha serie?

No acordo a produtora comprométese a incluír en Serramoura “un diálogo especial nunha secuencia (guionizado a medida)”. A emisión de “10 secuencias con figuración especial dun axente forestal” e a “colocación de cartel/cadro no decorado da taberna” son outras técnicas de publicidade encuberta recollidas no convenio. 

Estas técnicas son coñecidas popularmente co anglicismo “product placement” e, de non seren identificadas en pantalla, están prohibidas polas lexislación española. O artigo 17 da Ley 7/2010 de Comunicación Audiovisual especifica que “o público debe ser informado do produto ao principio e ao final do programa, e cando se reanude tras unha pausa publicitaria”. 

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Malia isto, non é raro que as produtoras e as televisións se salten a Lei sen ser castigadas. O que converte en especial este caso é que por vez primeira a Administración quen financie abertamente un "emprazamento de produto", especialmente por ser propaganda política.

Por exemplo, cando Serramoura emita o diálogo guionizado seguindo as directivas de Medio Rural, na TVG, para cumprir a Lei, debería aparecer sobreimpreso un título advertindo ao espectador que está presenciando contidos patrocinados.

A TVG non quere dicir canto paga a La Voz por Serramoura

A Xunta fai isto, ademais, nunha serie que xa é pagada co diñeiro de todos os galegos. De paso, enche o peto do principal grupo de comunicación privado no país.

Canto paga a CRTVG ao grupo Voz por Serramoura? Cuestionada por GC, a empresa pública oculta a información argumentado que "as condicións do contrato están suxeitas a unha cláusula de confidencialidade e ao Código de Comercio, pero a contía económica é a mesma que corresponde a todas as series de produción que actualmente se están a emitir na TVG".

GC preguntou á Compañía de Televisión de Galicia se é consciente que o Goberno Galego está facendo publicidade encuberta na serie.  A empresa pública responde argumentando que é unha práctica frecuente e, no caso deste convenio, "se inclúe emprazamento de produto o procedemento habitual será que despois da emisión dese episodio a produtora lle faga chegar á CRTVG a liquidación polos ingresos que lle corresponden". As fontes oficiais do Grupo Voz consultadas por esta redacción non quixeron comentar nada ao respecto do convenio.

Na xustificación do convenio, os asinantes afirman que os “intereses converxentes” acordo non se poden satisfacer mediante un contrato. Cales son esas finalidades? A principal, a que titula a memoria da xustificativa, é “a divulgación das políticas da Consellería na Prevención contra os Incendios Forestais e Protección do Monte”. Noutras palabras, popularizar a política do Goberno Feijóo contra os lumes, un dos temas máis polémicos no país.

A Xunta e La Voz tamén especifican que carecen de “animo de lucro”. O que aporta o Goberno non é pois un “prezo, senón de achega que se realiza para compensar ao medio de comunicación dos gastos nos que incorre como consecuencia da elaboración, planificación, posta en marcha e desenvolvemento da campaña obxecto do convenio”. 

Isto é o que a Xunta entende que lle custa 25.000 euros producir a La Voz: 

10 secuencias con figuración especial dun axente forestal

- 1 transición en cada capítulo

- 1 diálogo especial nunha secuencia (guionizado á medida)

- 1 crédito en cada capítulo

- Colocación de cartel/cadro no decorado da taberna, con información de emerxencia

- Enlace á web da Consellería do Medio Rural, dende a web oficial da serie www.serramoura.com

Cómpre tamén ter en conta que "Serramoura” é moi popular. Segundo a CRTVG, foi a emisión máis vista en Galicia na fin de semana, cunha audiencia media de 162.000 telespectadores e unha cota de pantalla do 14,8%. 

 

Por que hai tantos convenios cos medios?

En realidade, dende a era Fraga, todos os gobernos autonómicos explotan a vía  dos convenios para desviar legalmente diñeiro público aos medios de comunicación que lles interesa. A diferencia das axudas vía DOG ou incluso dalgúns contratos de publicidade, nos convenios non hai publicidade previa, nin competencia. Son simplemente repartidos a dedo.  Loxicamente cada administración favorece aos empresarios de comunicación máis afíns.

O común é que o obxecto do convenio sexan publireportaxes encubertas en medios escritos, pero con este acordo a Xunta e La Voz estrean a publicidade institucional tamén nas series de ficción.

O citado convenio foi asinado este verán para a terceira tempada da serie, que está a emitir este inverno a canle pública. Canal Voz cobrará mentres xustifique que filmou o acordado en 2016, aínda que a TVG o emita xa en 2017. É posible, polo tanto, que algunha das esceas acordadas non se emitiran aínda.

Título da memoria xustificativa do convenio entre Canal Voz e a Xunta por Serramoura
Título da memoria xustificativa do convenio entre Canal Voz e a Xunta por Serramoura
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 O Freire

O BNG e as Mareas podemitas caladiños. E logo van a Ponton e o Villares as festas de La Voz, aplauden e fanse fotos co mecenas da prensa sistemica. Son BNG e Mareas afins ao empresario coruñesista, contrario ao galego e nacionalista español (en declaracions propias de Santiago Rey Fdez. Latorre di declararse orgulloso de evitar que Galiza sexa como Euskadi ou Cataluña)? Son masocas ou curtos a Ponton e o Villares? E no concello de Pontevedra, na Deputacion da Coruña, o cocello coruñes non propagandean na Voz? Ou son simples servos do sistema, a disidencia controlada, o teatriño da oposicion mansa que ladra pero non morde ao amo?

1 Ola loquito

Te dececionastes con Podemos eh

6 Grelo PePeiradas

Fai cameos o Frijoles coa "manguerita"

5 Zenóndelea

Non é cousa moi distinta a que fan certas medios de comunicación pontevedreses cando publicitan as políticas do BNG/UPG do concello de Pontevedra. Uns aprenden doutros con tal de estar décads no poder.

4 5000 euros por non ir

Que escándalo isto é como se subisen a un escenario tres alcaldes do PP a quedar ben e rirse da oposición cuns cómicos e logo eses cómicos asinasen un convenio con outro concello do PP. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

3 Trébede

E non pasará nada. Nin a oposición terá o que hai ter para preguntar no Parlamento cando nos chupa La Voz por Serramoura e menos averiguar se se está facendo publicidade subliminal a favor de Feijóo. Imaginádevos que isto pasara en 2008? É dicir, que Jacinto Rey (Xornal de Galicia) montara unha produtora, que a TVG lle mercase series de seguido a esa produtora, e que nunha desas series se fixera publicidade encuberta loubando, por exemplo, a Suárez Canal? Estarían as rúas cheas de "galiza non se vende". Non se vende non, regalámola.

1 Susavila

Comentário próprio de quem ficou sem mamadeira. Muito dano fez Galiza Não Se Vende aos amamantados! No BNG preferem ovelhas mansas que se deixem guiar, igual que no Partido Podre. Casualidade ou igualdade de critérios? A decência era outra coisa! Seguide o relato que vos oferece La Voz de Su Amo, aquele do que tanto gostam e aplaudem os vossos líderes e lideresas! Tragade a propaganda, sendo de La Voz não incomoda no partidinho regionalista! Da mão de La Voz igual acadades algum dia o poder de novo, umas migalhas, para o povo nada mudará, salvo para os do partido que mamem... E já hai fome no BNG!

2 La pastillita

Ahora eres reintegrata loquito