Un libro póstumo de Neira Vilas narra como un neno descobre a aldea

Editado por Bolanda e con ilustracións de Olaia Naveira, 'Quique na aldea' é o título deste conto, o protagonista da cal é distinto ao famoso Balbino de 'Memorias dun neno labrego'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2016 | Actualizada ás 22:43

Comparte esta noticia

O libro narra a historia dun neno que descobre a aldea nunhas vacacións cos seus avós.

Presentación de Quique na Aldea, de Neiras Vilas, na sede da súa Fundación en Vila de Cruces
Presentación de Quique na Aldea, de Neiras Vilas, na sede da súa Fundación en Vila de Cruces | Fonte: Bolanda

Roi Casal tocou e cantou na presentación do libro en Vila de Cruces. O volume póstumo de Neira Vilas é editado coincidindo co aniversario do seu falecemento.

Á presentación acudiu o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación. Alberto Nuñez Feijóo deulles aos nenos este consello en nome do finado: “o que lle gustaría é que leades, que medredes en liberdade e que medredes con coñecemento".

"Hai xente que non tivo a sorte de nacer no rural, como Quique, e é moi bo que a xente da cidade veña a coñecelo", apuntou o presidente galego, que recordou como Neira Vilas "nunca esqueceu a súa aldea".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 A que esperan

Alédome moito por este lanzamento. Disfrutei sempre cos libros de Neira. O que me pregunto e porque en Santiago e en case todas as cidades nosas aínda non hai unha rúa co nome deste home humilde que tanto nos ensinou sobre nós mesmos.

1 ss00ss00

Máis un meu. O libro por certo é precioso.