SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2016 | Actualizada ás 18:32 por EUROPA PRESS
Un home resultou ferido este sábado tras sairse da vía o coche que conducía na localidade coruñesa de Cee e tivo que ser trasladado, mentres que o outro ocupante do vehículo non requiriu asistencia sanitaria.
Segundo os datos do 112, o accidente tivo lugar na AC-552, á altura do lugar de Codesos, minutos antes das 8,00 horas.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Cee, posto que a persoa que deu o aviso indicou que o turismo chocara contra unha casa e que o condutor non podía saír. Non obstante, finalmente non foi necesario utilizar os medios de excarceración.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.