Santiago de Compostela | 30/11/2016 | Actualizada ás 11:55 por EUROPA PRESS
O Weekend Beach Festival celebra a súa edición 2017 do 5 ao 8 de xullo, de novo en Torre do Mar (Málaga), cun cartel que xa conta con Anni B Sweet, Aslánticos, Arkano, Ayax e Prox, Berri Txarrak, Boikot, Canteca de Macao, Claudio Hidalgo, Cuartero e Delafé.
Tamén están confirmados Dimensión, Eats Everything, El Kanka, Estricnina, Fuel Fandango, Full, Gordomaster, Green Valley, o artista galego Iván Ferreiro, La Pegatina, Little Pepe backed Malaia Youth.
Aínda que faltan moitos artistas por confirmar, xa están atados Mago de Oz, Mala Rodríguez, Narco, Richy Ahmed, Sau Djs Show, Seth Troxler, Sínkope, Toteking + Shotta + Dj Nexxa e Trashtucada. Entradas e información en www.weekendbeach.es.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.