Unha explosión nun acumulador de auga provoca un incendio nunha nave de Culleredo (A Coruña)

Unha nave do polígono de Alvedro, en Culleredo (A Coruña) rexistrou este venres un incendio que, segundo apuntaban dende a propia empresa, se orixinou tras a explosión dun acumulador de auga.

A CORUÑA | 02/12/2016 | Actualizada ás 19:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha nave do polígono de Alvedro, en Culleredo (A Coruña) rexistrou este venres un incendio que, segundo apuntaban dende a propia empresa, se orixinou tras a explosión dun acumulador de auga.

Segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112, sobre as 16,40 horas, un particular alertaba do lume que se propagara ao falso teito da nave, unha empresa de fontanaría. Tamén alertaban da posibilidade de que afectase a materiais tóxicos do selado contra o frío que había no local.

Ao lugar, desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Arteixo, de Protección Civil, da Garda Civil, da Policía Local, ademais de Urxencias Médicas.

Dende o 112, precisaron, non obstante, que non houbo feridos. Por outra banda, sinalaron que o lume está controlado, aínda que non extinguido.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta