En Marea cre que a Xunta busca "eludir fraudulentamente" as sentenzas que anularon plans urbanísticos municipais

En Marea cre que a Xunta busca "eludir fraudulentamente o cumprimento das sentenzas xudiciais que anularon plans urbanísticos municipais", a través das medidas provisionais que recolle a lei de acompañamento aos presupostos de 2017.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2016 | Actualizada ás 20:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

En Marea cre que a Xunta busca "eludir fraudulentamente o cumprimento das sentenzas xudiciais que anularon plans urbanísticos municipais", a través das medidas provisionais que recolle a lei de acompañamento aos presupostos de 2017.

A través dun comunicado, o vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, advirte de que "a nova regulación da ordenación urbanística é unha chapuza xurídica e traerá unha elevada inseguridade xurídica".

As medidas incluídas na norma, que modifican "de facto" a lei do solo, aprobada hai meses, "demostran" ao seu xuízo "a constante improvisación en materia de urbanismo por parte do Goberno de Feijóo".

Sánchez cita os casos concretos de Ourense e Vigo, e censura que a nova figura que incorpora o Executivo "resucitará a ordenación contida no plan anulado, mesmo sen necesidade de adaptarse plenamente á normativa urbanística vixente na actualidade".

"O, o que é o mesmo, a ordenación anulada poderá ser aprobada de novo, mediante unha ordenación urbanística provisional que carece na actualidade de amparo normativo tanto na normativa básica estatal como na urbanística galega", subliña.

A aprobación definitiva desa ordenación corresponderá ao pleno da corporación, de modo que a Xunta, segundo En Marea, "consciente da impresentable chapuza xurídica, pretende eludir toda responsabilidade fronte a posibles recursos contencioso-administrativos ou fronte a reclamacións de responsabilidade patrimonial derivadas do caso de que os tribunais anulen de novo a devandita ordenación".

Segundo lamenta Sánchez, "nin sequera prevé a emisión" pola Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de informe preceptivo e vinculante no procedemento de aprobación da devandita ordenación".

"En definitiva", conclúe, "a Xunta vén actuando cunha completa improvisación e cun alarmante e constante desprezo ás sucesivas sentenzas que no ámbito do urbanismo veñen convertendo a este campo nunha lea na que os principais damnificados son os cidadáns".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta