SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2016 | Actualizada ás 10:47 por EUROPA PRESS
A gaiteira galega Cristina Pato participa en dous proxectos que optan este ano aos Premios Grammy, os principais galardóns mundiais da música, que cumpren a súa edición número 59.
En concreto, Cristina Pato opta a estes galardóns pola súa participación na formación Silk Road Ensemble, candidata ao mellor álbum de 'World Music' por 'Sing me home'; e pola película documental 'The music of strangers', dirixido por Morgan Neville e candidato ao Grammy ao mellor filme musical.
Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble estreou o pasado mes de abril o disco 'Sing me home', que inclúe unha nova versión da canción tradicional galega 'Cabaliño', gravada xunto a músicos galegos e membros do proxecto 'Rústica'.
O álbum foi desenvolvido e gravado en paralelo ao proxecto 'The music of strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble', un documental do director gañador dun Oscar e un Emmy Morgan Neville, que se estreou en xuño nos cines de todo o mundo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.