Temas: LIDIA SENRA

Unha delegación reivindica o papel da cultura galega en Europa

Unha delegación de 65 integrantes da cultura galega reclaman a Unión Europea "respecto" pola diversidade. A eurodeputada Senra carga contra a Xunta por "facer leis contra o galego".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2016 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

Unha delegación de 65 integrantes da cultura galega reivindicaron este mércores en Bruxelas que a Unión Europea mostre "respecto" polas "diversidades nacionais" dos estados membro, ao tempo que reclamaron "igualdade de dereitos".

Delegación do sector cultural galego en Bruxelas
Delegación do sector cultural galego en Bruxelas

O grupo desprazouse ata Bruxelas a iniciativa da eurodeputada de AGEe Lídia Senra, co obxectivo de "visibilizar a situación na que se atopa a cultura galega" e para expoñer aos membros da Comisión Europea as súas demandas.

Uxía Senlle, Chus Pato e Borja Salcedo leron entre os tres unha declaración sobre a cultura galega elaborada pola delegación, na que critican que a Unión Europea "parece esquecer que todo feito identitario comeza por ser cultural".

"Para iso estamos aquí, para recordar que a cultura galega existe ao lado doutras e que, por esquecemento, ignorancia ou desinterese, está sendo agredida, como está sendo agredida a idea dunha Europa xusta e solidaria, socialmente diversa e culturalmente equitativa," dixeron.

Así, Chus Pato denunciou o "constante baleirado político e económico que padecen as culturas europeas na propia Europa", o que ven un "desprezo" cara á cultura galega.

Intervención da eurodeputada galega

Do mesmo modo, Lídia Senra acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "facer leis contra o galego" e de aplicar "políticas de austeridade que van contra a cultura galega".

"Tampouco as institucións da UE están facendo nada para contribuír ao florecemento das diferentes culturas dos estados membro e ao respecto das diversidades nacionais", engadiu, "porque esta UE está construída baseándose nos Estados-nación e contra os pobos", concluíu.

Finalmente, Senra mostrou a súa intención de contribuír coas xornadas sobre cultura galega que comezaron este mércores no Parlamento Europeo á visibilización deste sector, así como a reivindicar "o papel das persoas traballadoras" da cultura, o seu "dereito a vivir da súa actividade" e o dereito do pobo a "acceder á cultura".

Temas: LIDIA SENRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 AGE Podemos

Manifica iniciativa de AGE. Non rascar bola en todo o uñetero ano e antes de que caduque o orzamento levar amigos de excursion sen repercusions practicas e de paso quedar ben con alguns

1 teutonio

100% de acordo, non entendo estas iniciativas da Lidia Senra, quitando pagarlle unha excursión a amigos e facerse a foto nunha sala do PE comentando os problemas locais a outros invitados e 2 ou 3 galegos que pasaban por alá.... "eventos" coma este teñen unha repercusión a nivel Bruxellois nulo.