Investigadores da USC avanzan na detección, identificación e causas do chancro bacteriano do kiwi en Galicia

Investigadores do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC) avanzan na detección, identificación e causas do chancro bacteriano do kiwi na comunidade de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2016 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Investigadores do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC) avanzan na detección, identificación e causas do chancro bacteriano do kiwi na comunidade de Galicia.

A bióloga betanceira Aitana Ares Yebra conclúe na súa investigación que a follaxe amontoada durante os meses de outono e inverno no chan das plantacións de kiwi "constitúen un reservorio" para o causante do chancro bacteriano do kiwi.

Así o recolle na investigación de doutorado presentada por esta licenciada en Bioloxía na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC baixo o título 'Detección, identificación e caracterización de pseudomonas syringae pv. actinidiae en Actinidia spp. en Galicia'.

A investigadora Ares Yebra aborda na súa tese de doutorado --dirixida por Pedro Mansilla, director da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, María Jesús Sainz Osés, profesora do Departamento de Produción Vexetal da USC e Olga Aguín Casal, da sección de bioloxía molecular--, segundo sinala a USC, unha "radiografía respecto da incidencia, xeneralización e casuísticas do chancro bacteriano do kiwi nas plantacións existentes en Galicia".

O chancro bacteriano do kiwi, segundo explica a USC, é a enfermidade que ocasiona "maiores perdas económicas" no cultivo das principais especies produtoras desta planta no mundo.

Por iso, ante a alta incidencia desta patoloxía na produción do kiwi, Aitana Ares abordou no marco da súa investigación de doutorado, inspeccións de material vexetal sintomático en plantacións de kiwi localizadas nas catro provincias galegas en 2011 e 2012. O obxecto destas indagacións a centrada en coñecer a extensión da enfermidade e as características das poboacións de Psa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta