SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2016 | Actualizada ás 19:18 por EUROPA PRESS
Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, ao sairse da vía o vehículo co que circulaban pola estrada que unha Serra de Outes e Santa Camba, á altura de Banzas, na parroquia de San Ourente de Entíns.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 16,20 horas cando o vehículo se saíu da vía e envorcou nunha cuneta. As dúas persoas feridas foron evacuadas en ambulancias a centros hospitalarios.
Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron do accidente aos Bombeiros de Boiro e o GES de Muros. Tamén se informou a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.