Un incendio calcina un galpón en Vigo e outro lume destrúe dous alpendres anexos a unha vivenda en Cospeito (Lugo)

Un incendio calcinou por completo un galpón en Vigo, mentres que outro lume destruíu dous alpendres anexos a unha vivenda no municipio de Cospeito (Lugo).

Vigo | 09/12/2016 | Actualizada ás 10:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un incendio calcinou por completo un galpón en Vigo, mentres que outro lume destruíu dous alpendres anexos a unha vivenda no municipio de Cospeito (Lugo).

Segundo informou o 112 Galicia, no primeiro caso o lume rexistrouse sobre as 21,00 horas do xoves nun camiño de Campaneiro, na parroquia viguesa de Beade.

Foi un particular o que alertou da situación ao 112 Galicia tras o que foron mobilizados os Bombeiros de Vigo, Protección Civil e a Policía Local. O lume quedou extinguido sobre as 22,00 horas.

Por outra banda, en Cospeito o lume destruíu dous alpendres anexos a unha vivenda. O incendio declarouse no lugar das Abelleiras de Abaixo, na parroquia de Santa Cristina.

Un particular chamou ao 112 Galicia ás 19,30 horas do xoves para informar do incendio. O Centro de Atención ás Emerxencias alertou os Bombeiros de Vilalba e a Guardia Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta