Aberto o prazo para presentar candidaturas á IV convocatoria do programa de intercambio académico Iacobus

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) abriu o prazo de presentación das candidaturas da IV convocatoria do programa de intercambio académico Iacobus.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2016 | Actualizada ás 18:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) abriu o prazo de presentación das candidaturas da IV convocatoria do programa de intercambio académico Iacobus.

Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado de prensa, nesta edición o programa "simplifica os seus procedementos e contempla a presentación das candidaturas a través dunha nova plataforma electrónica".

O Iacobus é un programa de intercambio de investigadores, docentes e persoal de administración e servizos entre distintas institucións do ensino superior de Galicia e do norte de Portugal, que abrangue todas as áreas de estudio.

Del Iacobus forman parte as tres universidades galegas -- A Coruña, Santiago e Vigo, así como as lusas de Porto, Miño, Trás-os-Montes e Alto Douro e a Católica Portuguesa, ademais dos institutos politécnicos de Porto, Bragança, Viana do Castelo e Cávado.

As candidaturas poderán presentarse ata o 11 de xaneiro de 2017. Os intermcabios --dunha a dous semanas para profesores e PAS e dun a tres meses para investigadores-- poderán ser realizados dende o 1 de febreiro ata o 30 de xuño de 2017.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta