VIGO | 13/12/2016 | Actualizada ás 17:12 por EUROPA PRESS
O candidato á Presidencia do Partido Popular de Vigo Javier Guerra, apostou por "facer" promoción dos mozos, formalos e "potenciar a súa participación" de modo transversal no partido, co obxectivo de "que estean en disposición canto antes de ocupar cargos de responsabilidade".
Tal e como destacou, o PP e a cidade "contan con mozos moi preparados que poden ocupar cargos da máxima responsabilidade nas administracións", polo que avogou por, "a partir da "renovación e a rexeneración do partido", conseguir que haxa máis vigueses en postos da Xunta e o Goberno estatal.
"A principal responsabilidade destas ausencias en postos importantes corresponde ao PP de Vigo, que non estivo en disposición de propoñer ás persoas axeitadas,", considerou Guerra.
Por iso propuxo que o PP vigués non se resigne "á intranscendencia" e, no seu lugar, no congreso local do sábado se elixa "un cambio de rumbo que corrixa esta situación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.