A perda de poboación de Galicia é cinco veces superior á media do Estado

Perde 13.822 habitantes en 2015, o 0,5% da súa poboación, e queda en 2.718.525 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2016 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Galicia continúa o seu lento proceso para converterse nun deserto poboacional. E é que ano tras ano segue perdendo poboación. En 2015 foron 13.822 habitantes menos ata quedar cun total de 2.718.525 persoas a data 1 de xaneiro de 2016, fronte aos 2.732.347 dun ano antes. De feito, o país galego perde cinco veces máis poboación que o resto do conxunto do Estado, un -0,51% fronte ao -0,14% do resto de España.

Unha persoa anciá camiña por unha rúa
Unha persoa anciá camiña por unha rúa | Fonte: elconfidencial.com

Así figura nas cifras oficiais de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2016, que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE). Do total de habitantes de Galicia, 1.309.809 son homes e 1.408.716 son mulleres.

Deste modo, o descenso de poboación en Galicia e é o quinto máis acusado entre comunidades, solo por detrás de Castilla e León (-0,99%), Castilla-La Mancha (-0,85%), Asturias (-0,82%), Aragón (-0,70%), e con igual retroceso que Cantabria (-0,51%).

A Coruña, a que máis perde

A provincia que máis habitantes perde é A Coruña, cunha caída de 4.397, ata quedar en 1.122.799. A segunda con maior descenso é Ourense, cunha perda de 3.538 persoas, ata 314.853.

En Pontevedra, ao longo de 2015 perdéronse 3.028 habitantes, cun padrón de 944.346 persoas. Lugo é a que experimenta o menor retroceso, 2.859 habitantes menos, e queda en 336.527.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galiza SI!!!

E nin un so comentario nesta nova!!!! pero que caste de nacionalismo temos aquí!!!! señores nación ven de nacer!!!! ... están destruindonos, están facendo "luz de gas"... EXPAÑA E O CADALEITO FUNEBRE DA GALIZA!!!! ou saimos de expaña ou seremos aniquilados... ISTO E UN XENOCIDIO SILENCIOSO PLANIFICADO NOS MANDRILES!!!!