A Audiencia Provincial pide investigar por homicidio a cargos do Sergas polo tratamento da Hepatite C

Os cargos citados son o xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, entón director de Asistencia Sanitaria, e a subdirectora de Farmacia, Carolina González-Criado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2016 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña estimou parcialmente o recurso da Fiscalía, e ao que se adheriu a Asociación Plataforma de Afectados pola Hepatite C, e acorda que os cargos do Sergas investigados no procedemento aberto pola subministración dos tratamentos aos enfermos afectados por este virus sexan chamados a declarar tamén como investigados por un suposto delito de homicidio en seis dos oito casos que inclúe a causa.

Enfermos de hepatite nunha das súas protestas
Enfermos de hepatite nunha das súas protestas | Fonte: Facebook

O auto xudicial, ao que tivo acceso Europa Press e ten data de este 22 de decembro, revógase parcialmente" o auto ditado polo Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que titula Andrés Lago Louro, e acueda "que se teña por dirixido o procedemento fronte aos denunciados por un delito de homicidio imprudente" con respecto a seis pacientes "e tómelles declaración como investigados en relación" aos falecementos dos enfermos.

O pasado mes de xuño, o titular do Xulgado número 3 de Santiago de Compostela declarou complexa esta causa, na que se investiga dous cargos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que depende da Xunta, e na que se indagaba un suposto delito de prevaricación ao respecto da dispensa dos novos tratamentos da Hepatite C. Agora a Audiencia Provincial estima o recurso da Fiscalía e pide que se estenda tamén a homicidio imprudente en seis casos.

Os cargos citados --o pasado 28 de abril-- son o xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, entón director de Asistencia Sanitaria, e a subdirectora de Farmacia, Carolina González-Criado. O xuíz investígaos por prevaricación, aínda que a Fiscalía lles atribuía tamén un suposto delito de "homicidio por imprudencia profesional grave" ao atrasar a administración dos fármacos "por razóns presupostarias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gimena

A la cárcel