Agadic abre o programa de axudas 2017 coas convocatorias para talento audiovisual e salas escénicas

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abriu este venres o seu programa de subvencións ao sector para 2017 coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das bases das axudas dirixidas á promoción do talento audiovisual galego e á actividade das salas privadas de artes escénicas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2016 | Actualizada ás 19:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abriu este venres o seu programa de subvencións ao sector para 2017 coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das bases das axudas dirixidas á promoción do talento audiovisual galego e á actividade das salas privadas de artes escénicas.

Con estas dúas convocatorias arranca o seu plan anual de apoio ás industrias culturais galegas co obxectivo de promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador no ámbito da cultura, segundo indicou a Xunta nun comunicado.

A estas dúas convocatorias, para as que o prazo de solicitude se estenderá dende o 26 de decembro ao 25 de xaneiro, sumarase nos próximos meses ás do resto de apartados do programa anual de subvencións públicas que a Consellería de Cultura e Educación xestiona a través de Agadic para impulsar os distintos procesos relacionados coa produción cultural, a súa promoción e a súa chegada ao público.

Agadic mantén a dotación de 145.000 euros destinada ás subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. Establécense tamén as mesmas modalidades que en anos anteriores para apoiar 13 novas propostas en versión orixinal galega.

Así, 25.000 euros resérvanse para impulsar a redacción de cinco guións, 30.000 para a produción doutras cinco curtametraxes e 90.000 para a realización de tres longametraxes por directores noveis.

En canto ás subvencións para a actividade e o funcionamento das salas de artes escénicas de titularidade privada, resérvase a mesma partida presupostaria de 70.000 euros que o ano pasado, co límite de concesión de 30.000 euros por cada entidade beneficiaria e ata o 50 por cento do presuposto de proxecto presentado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta