SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2016 | Actualizada ás 13:00 por EUROPA PRESS
A TVG emitirá na mañá deste sábado o concerto de nadal de Os Bolechas que, ademais, estrean nova páxina web estes días con contidos especiais con motivo das festas de Nadal.
O concerto foi gravado na Cidade dA Cultura e será ofrecido a partir das 11,30 horas pola primeira canle da TVG. O día de Reis será reemitido ás 10,30 horas.
O espectáculo encádrase dentro da xira de nadal coa que Os Bolechas percorren Galicia nas últimas datas, nas que pasaron por Pobra do Brollón (Lugo), Barbadás (Ourense) ou Rianxo (A Coruña), entre outras localidades.
Así mesmo, o concerto servirá para presentar as novas dúas cancións de Os Bolechas, compostas polo grupo Monoulious DOP os que, xunto a algúns personaxes da serie infantil, visitarán o programa 'Luar' a noite do venres 6 de xaneiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.