Temas: MúSICA

Manecas Costa volve a Galicia para render homenaxe a Narf

O guitarrista guineano será un dos pratos fortes do próximo festival Cantos na Maré en Pontevedra.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 05/01/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que organiza a produtora galega Nordesía, regresa  o  14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Desta volta cunha sorpresa especial. Volve a actuar nel Manecas Costa, o guitarrista de Guinea Bissau que colleitara un gran éxito no país con Aló Irmao, o disco que compartiu co guitarrista compostelán Fran Perez, Narf, falecido a finais do ano pasado.

Narf canda Uxía en directo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro en 2015
Narf canda Uxía en directo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro en 2015 | Fonte: José Antonio Abella Albo

Outros protagonistas serán Guadi Galego, o angolano Paulo Flores, a portuguesa Celina da Piedade e a brasileira Kátya Teixeira e Nordesía promete tamén "un último convidado sorpresa que se desvelará nos vindeiros días".  As entradas para Cantos na Maré xa están a venda en Ataquilla.com dende só 20 euros máis gastos.

Os músicos estarán acompañados por unha banda dirixida por Paulo Borges (director musical) e acompañados da cantante galega Uxía (directora artística) e doutro convidado por confirmar.

Este festival está promovido polo Concello de Pontevedra e conta coa axuda da Deputación de Pontevedra e da Xunta a través de AGADIC e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Manecas Costa
Manecas Costa | Fonte: Narf
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta