A Biblioteca da USC abre a súa colección de mapas históricos ao acceso libre en formato dixital

A Biblioteca da USC está a desenvolver un proxecto para a preservación e difusión a través de Internet da súa colección de mapas históricos, uns 600 documentos que poderán consultarse, se visualizar e se descargar de forma gratuíta dende o repositorio institucional Minerva.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2017 | Actualizada ás 19:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Biblioteca da USC está a desenvolver un proxecto para a preservación e difusión a través de Internet da súa colección de mapas históricos, uns 600 documentos que poderán consultarse, se visualizar e se descargar de forma gratuíta dende o repositorio institucional Minerva.

O proceso de dixitalización atópase actualmente en desenvolvemento e comezou polos mapas anteriores a 1900 e relacionados con Galicia. Actualmente, todos os antigos e relativos a Galicia, un total de 20, están xa catalogados na base de datos Iacobus.

Ademais, o repositorio Minerva xa conta coa correspondente versión dixital de 14 destes documentos, unha cifra que se completará en próximas datas.

Entre os distintos mapas conservados na Biblioteca da USC están exemplares "realmente curiosos e valiosos", tal e como explica a directora, María Isabel Casal.

É o caso dun mapa manuscrito orixinal en cor do proxecto de creación do que hoxe en día é o parque da Alameda de Santiago, de Blas Galiano e datado de 1831.

Outro exemplo único é o que, a partir da Carta Xeométrica de Domingo Fontán, inclúe unha actualización manuscrita coas estradas e liñas de ferrocarril dispoñibles en 1917.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta