Localizan morto un veciño de Ferrol que abandonou horas antes o Arquitecto Marcide en contra dos criterios médicos

Un veciño de Ferrol, A.G.R., de 50 anos de idade, foi localizado sen vida sobre as 07,30 horas da mañá deste martes, nunha zona próxima ao Hospital Arquitecto Marcide.

Cobas (Ferrol) | 10/01/2017 | Actualizada ás 19:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un veciño de Ferrol, A.G.R., de 50 anos de idade, foi localizado sen vida sobre as 07,30 horas da mañá deste martes, nunha zona próxima ao Hospital Arquitecto Marcide.

O corpo sen vida do home, veciño da rúa Nogueira, no barrio de San Pablo, atopaba nas proximidades dun paso peonil subterráneo, situado na Avenida da Residencia, nas proximidades dun establecementos hostaleiro.

Foi unha comisión xudicial desprazada ao lugar a que autorizou o levantamento do cadáver e o seu traslado para a realización da autopsia, que lle foi practicada nas instalacións do Hospital Naval de Ferrol e dende este lugar se procedeu á súa condución, ás 14,00 horas, á cámara frigorífica do Hospital Juan Cardona, onde quedou depositado, xa que polo momento non se localizou ningún familiar que se faga cargo dos restos mortais.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o home estivera horas antes no servizo de urxencias do centro público sanitario ferrolano e os facultativos tiñan intención de deixalo ingresado, pero negouse e ademais pediu a alta voluntaria.

Ademais, segundo estas mimas fontes, o corpo non presentaba signos de violencia externos e todo fai pensar que o seu falecemento se debeu a causas naturais. Algúns dos seus coñecidos relataron que se trataba dunha persoa moi corpulenta e que sufría algún trastorno mental.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta