Por gcdeportes | Compostela / Burela | 11/01/2017 | Actualizada ás 09:01
Non puideron os dous equipos galegos rematar a primeira volta con vitoria, e ademáis perderon ante dous rivais directos na súa loita por certificar canto antes a permanencia na Primeira División. O Santiago Futsal, malia adiantarse no marcador cun gol de Antonio Diz no minuto 7, encaixou dous tantos nun minuto fatídico antes do descanso e desta volta non conseguiu a fazaña con xogo de cinco. Acabou perdendo 2-3 ante Cartaxena no Fontes do Sar.
Pola súa banda, Pescados Rubén Burela, que perdía 3-0 ao descanso, non puido sacar nada positivo da súa longa viaxe a Levante. Malia que tentou na segunda parte meterse no partido tralo 3-1 de Iago Rodríguez, acabou perdendo 6-1 tralas expulsións de Iago Míguez e Chano.
Os dous equipos galegos, minguados polas numerosas baixas neste primeira parte da tempada, rematan a primeira volta con 15 puntos, seis por riba do descenso que marca o Levante con 9 e a nove do oitavo posto (Magna Gurpea, con 24). Santiago Futsal chegou aos 15 puntos grazas a 4 vitorias e 3 empates, mentres que Burela acadou cinco vitorias, catro delas consecutivas (da 7ª á 10ª xornada). O derbi da primeira volta, celebrado en Vista Alegre, foi 6-5 para os burelaos.
Ficha técnica:
Santiago Futsal 2: Chema Mella, Pablo Tallón, Pablo Mel, Catela e Armando –cinco inicial- Antonio Diz, Alex Diz, Santi, Hugo, Ismael e Dani Montes.
Plásticos Romero Cartagena 3: Raúl, Cánovas, Josema, Jesús e Adeirton –cinco inicial- Javi Matía, Rodrigo, Juanpi, Asensio, Rahali y Saura
Goles: 1-0: Antonio Diz (9'). 1-1: Saura (18’). 1-2: Juanpi (19). 1-3: Juanpi (32’). 2-3: Catela (36’).
Árbitros: Contreras Tejedor e Pérez Álvarez. Amarelas a Hugo Sánchez no Santiago Futsal e a Enrique Cánovas no Cartaxena.
Incidencias: partido da 15ª xornada da LNFS celebrado no Multiusos Fontes do Sar con preto de 600 espectadores.
Ficha técnica
Levante UD 6: Yeray, Lucho, Sena, Borja Milán, Pizarro -cinco inicial- Cecilio, Emilio Buendía, Kiko Berrocal, Márquez, Tripodi, Álex Oviaño e Sergi.
Pescados Rubén Burela 1: Edu, Iago Míguez, Matamoros, Iago Rodríguez, Antoñito -cinco inicial- Isi, Chano, Renato e Hélder.
Goles: 1-0: Emilio Buendía (7’). 2-0: Kiko Berrocal (16’). 3-0: Emilio Buendía (17’). 3-1: Iago Rodríguez (27’). 4-1: Emilio Buendía (33’). 5-1: Emilio Buendía (38’). 6-1: Álex Oviaño (39’).
Árbitros: Juan Cerda e Martínez García (baleares). Expulsaron por dobre cartón a Iago Míguez (minutos 12 e 34) e Chano (minutos 15 e 31) no Burela e amarela a Tripodi (minuto 28) no Levante.
Incidencias: partido da 15ª xornada da LNFS disputado no pavillón El Cabanyal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.