Ferida unha persoa nun accidente de tráfico en Valdoviño (A Coruña)

Unha muller resultou ferida na mañá deste xoves tras sairse da vía o vehículo que conducía no municipio coruñés de Valdoviño.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2017 | Actualizada ás 13:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida na mañá deste xoves tras sairse da vía o vehículo que conducía no municipio coruñés de Valdoviño.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 11,45 horas deste xoves na AC-566, que une Cedeira e Valdoviño.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Ferrol e do GES de Mugardos, así como membros de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico. A ferida foi trasladada polo 061 ata un centro sanitario.

Por outra banda, pasados uns minutos das 12,00 horas rexistrábase outro accidente de tráfico na estrada PO-206 ao seu paso polo municipio pontevedrés de Lalín. O vehículo saíuse da estrada e colisionar contra un muro.

Ata a zona do sinistro, no lugar de O Cello, desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, bombeiros do Deza, e Ges e Protección Civil de Lalín, así como unha ambulancia do 061 para asistir o condutor, que resultou ferido.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta