O presidente da Xunta defende que Louzán siga cobrando como asesor do PP

Di que o código ético popular só contempla a baixa da militancia, pero non a retirada do salario. Apunta que se se resolve o seu caso e quere volver militar, ten a porta aberta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/01/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Rafael Louzán conta co apoio do PP de Pontevedra e tamén co do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, que apoia a decisión do seus compañeiros pontevedreses para manter ao ex presidente provincvial como asesor do grupo nesta institución cobrando case 44.000 euros ao mes.

Feijóo canda Louzán na primeira fila do mitin do PP en Pontevedra
Feijóo canda Louzán na primeira fila do mitin do PP en Pontevedra

“Unha persoa que está de asesor en situación procesual non significa que non poida manter o seu salario, senón que as súas relacións co partido teñen que rematar”, dixo o presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Por iso, deu por finiquitada a polémica coa baixa da militancia do PP do propio Louzán.

E é que para Feijóo iso é o que recolle o código ético do seu partido, pero non deixalo sen salario. Unha cousa é o Louzán militante do PP e outra o Louzán asesor cun soldo de 44.000 euros. E unha cousa non ten que ver coa outra, veu dicir o presidente galego “Senón entramos nunha situación complexa que é difícil logo de solucionar”, dixo en relación a que o xuíz non vexa indicios de delito.

“Non hai sentencia e o seu caso depende dunha resolución xudicial”, dixo para defender que se manteña como asesor do PP. “Se logo todo se aclara poderá volver ao partido se el quere, cousa que xa manifestou que si está interesado”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 galegoexiliado

Pois por esa pasta xa podían contarnos en que os asesora, porque o seu currículo académico, político e empresarial non creo que se cotice tan alto. Será mais ben polo que sabe e pode conseguir, pois non lle vexo eu moitos méritos, doctorados ou masters como pa cotizarse tan alto. Su`poño eu que os cartos sairán do PPartido e non das arcas ppúblicas.

2 Gamela

cobra 43.935 euros anuais que por non facer nada xa lle chega... pero ao mes sería moito non vos parece...?

1 Chupón

Non o queremos de militante, pero si de conseguidor, que ten moita experiencia, e se so nos sae por 44.000,00 €/mes, sae barato, que este consegue o que quere, votos e cartos.