Stop Desafiuzamentos pide a Abanca que condone unha débeda de 100.000 euros a unha familia da Coruña

A entidade asegura que o seu interese é "solucionar nas mellores condicións posibles para todos" a situación

A CORUÑA | 13/01/2017 | Actualizada ás 18:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Representantes de Stop Desafiuzamentos fixeron entrega este venres dun escrito na sede de Abanca no polígono coruñés da Grela para pedir a condonación dunha débeda de 100.000 euros a unha familia da cidade con dous menores ao seu cargo.

Ao respecto, fontes da entidade aseguraron a Europa Press que o seu "interese" é "solucionar nas mellores condicións posibles para todos esta situación".

Mentres, por parte da plataforma, explicaron que a familia xa pasou por un proceso xudicial e foi desafiuzada "aínda que lle quedou pendente pagar 100.000 euros".

Non obstante, indicaron que, por unha moratoria, poderán seguir ocupando a casa, propiedade agora dunha empresa de xestión de activos, ata maio deste ano.

PETICIÓN FORMAL

"Será complicado recuperar a vivenda", admitiron dende a plataforma, e precisaron que están a negociar con Abanca para que a familia logre a condonación da débeda que ten por pagar. Sobre o acto deste venres, indicaron que "formalmente" han feito entrega da petición.

En canto á situación da familia, apuntaron que teñen traballos con contratos "en precario e sen unha renda garantidas". En canto ao posicionamento da entidade, explicaron que recibiron "boas palabras" e que agora esperan que se concrete nunha solución para esta familia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta