Temas: NAVANTIA

Multan a unha empresa externa de Navantia por repartirse o mercado da xestión de residuos urbanos

SERTEGO, filial de Urbaser, foi sancionada con 23.289.939 euros nun expediente aberto pola Comisión Nacional de Mercados e Competencia.

Por Galicia Confidencial | Narón | 17/01/2017 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

EU Narón denuncia a existencia dun “cártel do lixo”, unha denominación que lle dá a certas prácticas na contratación de empresas externas en Navantia, sobre todo, no que ten que ver coa Xestión Integral de residuos industriais. 

Asteleiros de Navantia en Puerto Real, Cádiz
Asteleiros de Navantia en Puerto Real, Cádiz | Fonte: CNT

 

Así, critica que unha contratación pública adxudicada á empresa SERTEGO, filial de URBASER foi sancionada pola Comisión Nacional  de Mercados e Competencia por repartirse o mercado de xestión de residuos e saneamento urbano. Neste expediente tamén están Urbaser (ACS), FCC, Valoriza (Sacyr) y Cespa (Ferrovial), así como a outras 35 empresas e as asociacións Aselip, Aceser y Arema con un total de 98,2 millóns de euros 

 

A sanción imposta polo CNMC que para SERTEGO foi de 23.289.036€ que a día de hoxe seguen dilatando o pago recorrendo ao tribunais, segundo esta formación. “Estas prácticas non melloran as condicións laborais dos traballadores, senón que baséanse en pactos entre grandes empresas para aumentar os beneficios, a costa do diñeiro público”, denuncia.

 

Por iso, pide que se coñezan cales foron as outras empresas ofertantes e os criterios da elección, pois os concursos públicos polo xeral sinalan un importe límite da licitación e as ofertas son por debaixo, adxudicándose ao mellor postor como último criterio. Neste caso con un orzamento de licitación 771.270,94€ e finalmente adxudicouse por 936.785,49€ .

 

Temas: NAVANTIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta