A cantante Tania Fuegho, premiada en Arxentina cunha canción en galego

A cantante coruñesa Tania Fuegho foi premiada en Arxentina pola radiofórmula Elegidos45 como mellor interpretación feminina de 2016 cunha canción en galego, 'O Imposible'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2017 | Actualizada ás 09:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A cantante coruñesa Tania Fuegho foi premiada en Arxentina pola radiofórmula Elegidos45 como mellor interpretación feminina de 2016 cunha canción en galego, 'O Imposible'.

Para obter este galardón, Tania Fuegho estivo durante 30 semanas competindo con vocalistas tan coñecidos no mercado latinoamericano como Chenoa, Alessandra Amoroso ou Kany García.

A Mellor Interpretación Masculina 2016, así como o premio principal como Artista do Ano, foi para David Bustamante, con 'Como yo te amé', mentres que a Mellor Canción do Ano foi a de Valerio Scanu, 'Finalmente piove', e o premio ao Mejor Videoclip foi para Chenoa por 'Son humana'.

Tania Fuegho alcanzou este galardón por segundo ano consecutivo interpretando os seus temas en galego fronte a unha oferta musical principalmente en español, inglés e italiano. O ano pasado obtivo o premio con 'Estrelas por compartir'.

Esta artista forma parte do xurado de 'recantos', o concurso que busca novos talentos da canción no programa Luar de la Televisión de Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta