O Museo Catedral de Santiago recibiu en 2016 máis de 187.000 visitantes, nova cifra marca

O Museo Catedral de Santiago recibiu ao longo do pasado ano máis de 187.000 visitantes, unha cifra que converte 2016 "no mellor ano na historia" destas instalacións.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2017 | Actualizada ás 18:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Museo Catedral de Santiago recibiu ao longo do pasado ano máis de 187.000 visitantes, unha cifra que converte 2016 "no mellor ano na historia" destas instalacións.

Diso informou a Catedral a través dun comunicado remitido aos medios, no que destacou a "alza moderada" dos visitantes a "tódolos programas", así como a "consolidación" da actividade educativa (case 11.000 alumnos) e a de visitas guiadas para grupos (superando as 71.000 persoas).

A xeito de balance do ano pasado, resaltou a importancia da exposición sobre Mestre Mateo no Museo do Prado e a divulgación sobre a restauración do Pórtico da Gloria, entre outras actividades.

Tamén recordou as actuacións realizadas no ámbito da conservación, con melloras na colección permanente e a recuperación de novas pezas. En paralelo, editáronse distintas publicacións relativas á actividade investigadora propia e á colaboración con universidades e outras institucións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta